Belén Riveiro gana el Premio Nacional de Investigación para Jóvenes Matilde Ucelay

A profesora da Universidade de Vigo  e investigadora do CINTECX, Belén Riveiro (Cerdedo-Cotobade, 1983)  é unha das flamantes gañadoras da primeira edición dos Premios Nacionales de Investigación para Jóvenes, galardóns convocados polo Ministerio de Ciencia e Innovación para distinguir o mérito de investigadoras e investigadores menores de 40 anos que estean desenvolvendo un labor relevante recoñecido internacionalmente. Gañou na categoría correspondente á área de enxeñaría e arquitectura, modalidade bautizada como Premio Nacional Matilde Ucelay, en memoria de quen foi a primeira española en ingresar e titularse nunha escola de arquitectura e, anos máis tarde, Premio Nacional de Arquitectura.

Investigadora do Grupo de Xeotecnoloxías Aplicadas do Cintecx, o Centro de investigación en Tecnoloxías, Enerxía e Procesos Industriais da Universidade de Vigo, e profesora da Escola de Enxeñería Industrial, acreditada a catedrática desde 2021, os principais logros da  carreira investigadora de Riveiro están relacionados coa mellora da resiliencia das infraestruturas do transporte a eventos extremos, onde liderou diferentes proxectos competitivos, tanto de ámbito internacional como nacional, cun financiamento captado que supera os 5 millóns de euros. Segundo o fallo do xurado dos premios, dotados con 30.000 euros en cada modalidade, foi recoñecida “pola orixinalidade e impacto das súas investigacións, que radican na combinación de diferentes disciplinas para dar solución a retos actuais da enxeñaría estrutural”.