Os dispositivos de Carburo de Silicio, presente e futuro da electrónica de potencia

O profesor da Universidade de Warwick, Jóse Ortiz González, impartiu o pasado 20 de decembro en CINTECX o Seminario “Silicon Carbide Power Devices – Performance, Robustness and Reliability” no que destacou os beneficios dos dispositivos fabricados usando Carburo de Silicio (SiC).

Durante a charla, as persoas participantes puideron coñecer as diferencias entre dispositivos de silicio e de carburo de silicio desde o punto de vista do funcionamento e fiabilidade, introducindo o concepto de monitorización (condition monitoring).

Segundo explicou Ortiz, «estes dispositivos, MOSFETs e diodos Schottky, son o presente e o futuro da electrónica de potencia e están listos para reemplazar aos dispositivos de silicio, IGBTs, MOSFETs e Diodos PiN, en multitude de aplicacións, como automoción, enerxía renovable, máquinas eléctricas e ascensores de alta velocidade». A pesares dos beneficios desta “nova” tecnoloxía, son fundamentais os estudos de fiabilidade e caracterización, desde conmutación ata curtocircuito e fiabilidade do óxido de porta. Estes estudios son unha ferramenta imprescindible para maximizar o seu uso en aplicacións das que se benefician as propiedades do carburo de silicio.

A información aportada encádrase no proxecto «Advanced modulation and control techniques for cascaded full-bridge inverters and for impedance-source inverters for multiphase motor drives (CFB-ZSI)» financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación, a Axencia Española de Innovación e a UE con fondos FEDER. Os resultados deste proxecto aportan coñecemento para alcanzar os obxectivos de mobilidade sustentable e maior uso de enerxías alternativas, mellorando os accionamientos eléctricos de media e baixa tensión.

José Ortiz González naceu en Eimer, na provincia de Lugo. Recibiu a titulación de Enxeñeiro Industrial (Intensificación en Automática e Electrónica) pola Universidade de Vigo en 2009, onde traballo como técnico de apoio á investigación. No ano 2013, mudouse a Coventry donde empezou a traballar como técnico de investigación na Universidade de Warwick, ata acadar o título de Doutor en Enxeñaría en 2017. Desde Agosto de 2019 é profesor asistente na Escola de Enxeñaría da Universidade de Warwick. Jose Ortiz Gonzalez é autor/co-autor de máis de 100 artigos de revista/conferencia.