Persoal investigador para proxecto FIREPOCTEP do grupo CIMA

Número de prazas: 1
Xornada: Tempo completo/Media xornada
Duración: Ano 2022
Prórroga Posibilidade dun segundo contrato a xornada completa ou parcial en función das candidaturas recibidas e a dispoñibilidade contractual.
Remuneración: 1.200,00€-1.400,00 € ao mes a xornada completa (no caso de xornada parcial, faríase o axuste segundo a duración da xornada).
Lugar de traballo: Escola de Enxeñería Industrial – Edificio CINTECX – Campus Universitario As Lagoas Marcosende – Universidade de Vigo)

Subproxecto Desenvolvemento de sistemas de detección en terra para a prevención de incendios forestais. Proxecto europeo FIREPOCTEP Interreg

Requisitos e perfil do candidato

  • Título: Graduado en Enxeñería Mecánica ou en Tecnoloxías Industriais, ou equivalentes. Valorarse Mestrado no ámbito tecnolóxico e vocación investigadora.
  • Formación: Software de modelado, xeorreferenciación e simulación (GIS, Solid Works, Ansys, …), e linguaxes de programación (Matlab, Labview, C++,…).

Selección
Tribunal:

  • Presidente: coordinador do grupo de investigación
  • Secretario: IP do subproxecto
  • Vogal: membro do grupo de investigación

Baremo:

  • Titulación (requirida e adicional) e expediente académico: 10% + 10%
  • Formación: modelado-xeorreferenciación-simulación 20% e programación: 20%
  • Idiomas (inglés): 20%
  • Entrevista persoal: 20%

Lugar de presentación

  • Enviar CV e documentación acreditativa dos méritos (copia titulo(s), expediente con nota media sobre 10, cursos de formación, idiomas, etc.) ata o próximo 31 de outubro, por email a grupocima@uvigo.es indicando no asunto «Contrato CIMA FIREPOCTEP»

Data límite de recepción de candidaturas: A data límite para o envío das solicitudes é o 31 de outubro de 2021.

Máis información en https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/789