Convocatoria: | https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/1631 |
Número de prazas: | 1 |
Tipo de contrato: | Contratos para a realización de proxectos e para a execución de plans (art 32bis Lei da Ciencia). Duración indefinida |
Xornada: | Tempo completo (37,5 h/semana). |
Data probable de inicio: | A partir da resolución desta convocatoria. Na data que se establezca na mesma. |
Duración do contrato: | Indefinida. |
Salario bruto mensual | 2.500,00 € (incluído o prorrateo das pagas extraordinarias). |
Lugar de traballo: | Cintecx. |
Categoría laboral: | Técnico Superior de apoio á investigación modalidade B (Titulación Universitaria Superior). |
Contratos para a realización de proxectos e para a execución de plans (art 32bis Lei da Ciencia). Duración indefinida
Traballo a realizar:
A persoa contratada incorporarase ao persoal técnico de apoio ao centro, co obxectivo principal de apoiar aos investigadores nas actividades de I+D, a preparación e xestión de solicitudes de novos proxectos de carácter internacional, e a captación de talento. Ademais,
participará no desenvolvemento estratéxico e na internacionalización do centro, así como na implementación e xestión do plan de comunicación do CINTECX para fortalecer a visibilidade e o impacto das investigacións e actividades desenvolvidas a nivel internacional e a
capacidade de transferencia.
Requisitos
- Grao e Master no ámbito das tecnoloxías e enxeñarías aliñadas coas áreas temáticas do CINTECX.
Méritos a valorar
- Formación Académica: Grao e máster en tecnoloxías ou enxeñarías directamente relacionadas coas áreas de investigación do CINTECX, así como coa natureza das funcións a realizar, especialmente no ámbito da xestión de proxectos. Requírese un nivel avanzado de inglés, que permita a xestión de proxectos internacionais e unha comunicación eficaz neste idioma. (30 puntos).
- Experiencia Profesional: Experiencia previa na xestión de proxectos de I+D, especialmente en ámbitos internacionais. Experiencia na organización de actividades de formación e divulgación científica. Experiencia na elaboración e execución de plans de comunicación (30 puntos).
- Coñecementos Específicos: Procedementos e requisitos das convocatorias de financiamento europeas e nacionais. Familiaridade cos sistemas de xestión da calidade aplicados á investigación, así como na xestión orzamentaria e de pedidos na universidade e noutras administracións. Coñecemento das áreas temáticas e liñas de investigación do CINTECX. Competencia no uso de ferramentas e software para a xestión de proxectos e a comunicación científica (25 puntos).
- Entrevista(15 puntos).
Comité avaliador
- Presidente: Mª Angeles Sanromán Braga.
- Secretario: Félix Quintero Martínez.
- Vogal: Marta Pazos Curras.
Documentación
- Solicitude
- Currículum vitae
- Declaración responsable (anexo I da convocatoria) de cumprimento dos requisitos establecidos nas bases da presente convocatoria e da veracidade dos datos achegados no currículum vítae.
A presentación de solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través da sede electrónica da Universidade de Vigo
Data límite de recepción de candidaturas: A data límite para o envío das solicitudes é o 9 de xullo de 2025.