2423-124152 Desenvolvemento de Estratexias Avanzadas para Combustión de Biomasa en Aplicacións de gran Potencia a través de Experimentación e Modelado

Número de prazas: 1
Tipo de contrato: Contratos para a realización de proxectos e para a execución de plans (art 32bis Lei da Ciencia). Duración indefinida
Xornada: Tempo completo (37.5 h/semana)
Data probable de inicio A partir da resolución desta convocatoria. Na data que se establezca na mesma.
Duración do contrato Indefinida
Salario bruto mensual 1.500,00 € (incluído o prorrateo das pagas extraordinarias)
Lugar de traballo: Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo
Categoría laboral: Técnico Grado Medio de apoio á investigación modalidade C
Liña de investigación: Investigación Básica en Combustión de Biomasa.

Contratos para a realización de proxectos e para a execución de plans

Traballo a realizar

Apoio ao desenvolvemento de algoritmos para o modelado da combustión de biomasa en leito fixo.

Requisitos

  • Grao en Enxeñería Mecánica.

Méritos a valorar

  • Experiencia Profesional: Traballo desenvolvido relacionado co perfil da praza (50 puntos)
  • Formación: Outras titulacións universitarias afíns co perfil da praza (20 puntos).
  • Formación: Outros méritos xenéricos adecuados para o traballo, como: coñecementos de idiomas, cursos, etc (30 puntos)

Comité avaliador

  • Presidente: Jacobo Porteiro Fresco.
  • Secretario: David Patiño Vilas.
  • Vogal: Miguel Ángel Gómez Rodríguez.

Documentación

  • Solicitude
  • Currículum vitae
  • Declaración responsable (anexo I da convocatoria) de cumprimento dos requisitos establecidos nas bases da presente convocatoria e da veracidade dos datos achegados no currículum vítae.

A presentación de solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través da sede electrónica da Universidade de Vigo

Data límite de recepción de candidaturas: A data límite para o envío das solicitudes é o 2 de xaneiro de 2024.