Número de prazas: | 1 |
Tipo de contrato: | Contrato de duración determinada por circunstancias da produción (máximo 6 meses) |
Xornada: | Tempo completo (37.5 h/semana) |
Data probable de inicio | A partir da resolución desta convocatoria. Na data que se establezca na mesma. |
Duración do contrato | 5 meses e 29 días |
Salario bruto mensual | 1.750,00 € (incluído o prorrateo das pagas extraordinarias) |
Lugar de traballo: | Escola de Enxeñería de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo |
Categoría laboral: | Investigador modalidade B (Titulación Universitaria Superior) |
Contrato de duración determinada por circunstancias da produción
Traballo a realizar
Estudo da interacción das pinturas murais coa radiación láser (diferentes medios activos, duracións de pulso, lonxitudes de onda, etc.).
Requisitos
- Mestrado en Protección do Patrimonio Cultural.
Méritos a valorar
- Expediente do grao (10 puntos).
- Expediente do mestrado (20 puntos).
- Experiencia laboral relacionada coa oferta (30 puntos).
- Experiencia investigadora relacionada coa oferta (25 puntos).
- Entrevista persoal (15 puntos).
Comité avaliador
- Presidente: José Santiago Pozo Antonio.
- Secretario: Teresa Rivas Brea.
- Vogal: Javier Taboada Castro.
Documentación
- Solicitude
- Currículum vitae
- Declaración responsable (anexo I da convocatoria) de cumprimento dos requisitos establecidos nas bases da presente convocatoria e da veracidade dos datos achegados no currículum vítae.
A presentación de solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través da sede electrónica da Universidade de Vigo
Data límite de recepción de candidaturas: A data límite para o envío das solicitudes é o 2 de xaneiro de 2024.