2024-137818 Mantemento preditivo-cognitivo para a xestión integrada do ferrocarril 4RAIL

Convocatoria: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/1427
Número de prazas: 3
Tipo de contrato: Contrato de duración determinada vinculado a programas financiados con Fondos Europeos, adicional 5ª RD32/2021 de 28/12)
Xornada: Tempo completo (37,5 h/semana)
Data probable de inicio A partir da resolución da convocatoria deste contrato. Na data que se establezca na mesma.
Duración do contrato 9 meses e 15 días.
Salario bruto mensual 1.750,00 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias)
Lugar de traballo: Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía da Universiade de Vigo
Categoría laboral: Investigador modalidade B (Titulación Universitaria Superior)

Contrato de duración determinada vinculado a programas financiados con Fondos Europeos, adicional 5ª RD32/2021 de 28/12)

Traballo a realizar

Desenvolvemento de algoritmos para surrogación de modelos estruturais de estruturas existentes.

Requisitos

  • Grao e Máster (ou equivalentes). .

Méritos a valorar

  • Titulación grao e máster e expediente, relacionados coas xeotecnoloxías aplicadas e xestión de infraestruturas. (30 puntos)
  • Matriculado en programa de doutoramento ou aceptacion nun programa no curso 23/24, relacionado coas Xeotecnoloxías Aplicadas. (25 puntos) .
  • Experiencia investigadora e cv, relacionados coas Xeotecnoloxías Aplicadas e modelado estrutural. (30 puntos).
  • Entrevista persoal. A entrevista realizarase únicamente a todos os/as candidatos/as que na suma dos méritos acaden un mínimo de 50 puntos. (15 puntos).

Comité avaliador

  • Presidente: Belén Riveiro Rodríguez .
  • Secretario: Henrique Lorenzo Cimadevila .
  • Vogal: Joaquín Martínez Sánchez.

Documentación

  • Solicitude
  • Currículum vitae
  • Declaración responsable (anexo I da convocatoria) de cumprimento dos requisitos establecidos nas bases da presente convocatoria e da veracidade dos datos achegados no currículum vítae.

A presentación de solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través da sede electrónica da Universidade de Vigo.

Data límite de recepción de candidaturas: A data límite para o envío das solicitudes é o 24 de setembro de 2024.