1426-188181 Contrato vinculado á liña de investigación

Convocatoria: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/1955
Número de prazas: 1
Tipo de contrato: Contrato vinculado a liñas de investigación
Xornada: Tempo completo (37,5 horas/semana) .
Data probable de inicio: 16/12/2026.
Duración do contrato: Indefinido.
Salario bruto mensual 1.875,28 € (incluído o prorrateo das pagas extraordinarias).
Lugar de traballo: Escola de Enxeñería Industrial – Sede Campus.
Categoría laboral: Persoal investigador non doutor.

Contrato de actividades científico-técnicas (art 23bis Lei da Ciencia). Duración indefinida

Traballo a realizar:
Obtención, caracterización e aplicación dos extractos de biosurfactantes obtidos mediante procesos de electromembrana a escala piloto.

Requisitos

  • Grao e Mestrado en Enxeñaría Química, Biotecnoloxía, Química, Tecnoloxía dos Alimentos, Bioquímica e outras titulacións afíns .

Méritos a valorar

  • Méritos xerais: formación académica, expediente académico e coñecementos de inglés de nivel avanzado (40 puntos).
  • Méritos específicos relacionados coas funcións a desempeñar (45 puntos).
  • Entrevista persoal aos candidatos que, na suma dos méritos, acaden un mínimo de 50 puntos (15 puntos)

Comité avaliador

  • Presidente: Xanel Vecino Bello .
  • Secretario: José Manuel Cruz Freire.
  • Vogal: Ana Belén Moldes Menduíña.

Documentación

  • Solicitude
  • Currículum vitae
  • Declaración responsable (anexo I da convocatoria) de cumprimento dos requisitos establecidos nas bases da presente convocatoria e da veracidade dos datos achegados no currículum vítae.

A presentación de solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través da sede electrónica da Universidade de Vigo

Data límite de recepción de candidaturas: A data límite para o envío das solicitudes é o 18 de novembro de 2026.