1325-155975 Anticipo financiamento estrutural grupo EQ3

Convocatoria: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/1631
Número de prazas: 1
Tipo de contrato: Contratos para a realización de proxectos e para a execución de plans (art 32bis Lei da Ciencia). Duración indefinida
Xornada: Tempo completo (37,5 h/semana).
Data probable de inicio: A partir da resolución desta convocatoria. Na data que se establezca na mesma.
Duración do contrato: Indefinida.
Salario bruto mensual 1.500,00 € (incluído o prorrateo das pagas extraordinarias).
Lugar de traballo: Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo (Sede Cidade)
Categoría laboral: Técnico Especialista de apoio á investigación modalidade D (Bacharelato, FP2)

Contratos para a realización de proxectos e para a execución de plans (art 32bis Lei da Ciencia). Duración indefinida

Traballo a realizar:
A persoa seleccionada traballará no laboratorio do grupo Bioenxeñería e Procesos Sostibles.

Requisitos

  • Bacharelato/FP2.

Méritos a valorar

  • Expediente académico, experiencia profesional previa en laboratorios e nivel de inglés. (40 puntos).
  • Experiencia relacionada coa temática do traballo a desenvolver (45 puntos).
  • Entrevista persoal (a entrevista persoal realizarase unicamente aos/as candidatos/as que na suma
    dos méritos acaden un mínimo de 50 puntos). (15 puntos).

Comité avaliador

  • Presidente: Mª Angeles Sanromán Braga.
  • Secretario: Emilio Rosales Villanueva.
  • Vogal: Marta Pazos Curras.

Documentación

  • Solicitude
  • Currículum vitae
  • Declaración responsable (anexo I da convocatoria) de cumprimento dos requisitos establecidos nas bases da presente convocatoria e da veracidade dos datos achegados no currículum vítae.

A presentación de solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través da sede electrónica da Universidade de Vigo

Data límite de recepción de candidaturas: A data límite para o envío das solicitudes é o 9 de xullo de 2025.