Convocatoria: | https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/1631 |
Número de prazas: | 1 |
Tipo de contrato: | Contrato de duración determinada por circunstancias da produción (máximo 6 meses). |
Xornada: | Tempo parcial (27,5 horas/semana). |
Data probable de inicio: | A partir da resolución desta convocatoria. Na data que se establezca na mesma. |
Duración do contrato: | 3 meses. |
Salario bruto mensual | 1.800,00 € (incluído o prorrateo das pagas extraordinarias). |
Lugar de traballo: | Cintecx. |
Categoría laboral: | Investigador modalidade B (Titulación Universitaria Superior). |
Contrato de duración determinada por circunstancias da produción (máximo 6 meses).
Traballo a realizar:
A persoa contratada incorporarase ao persoal técnico de apoio do centro, co obxectivo principal de apoiar aos investigadores en actividades relacionadas cos proxectos e infraestruturas do centro.
Requisitos
- Grao e máster no ámbito das tecnoloxías .
Méritos a valorar
- Expediente académico, experiencia profesional previa e nivel de inglés (40 puntos).
- Experiencia relacionada coa temática do traballo a desenvolver (45 puntos).
- Entrevista (15 puntos).
Comité avaliador
- Presidente: Mª Angeles Sanromán Braga.
- Secretario: Alejandro Gómez Yepes.
- Vogal: Marta Pazos Curras.
Documentación
- Solicitude
- Currículum vitae
- Declaración responsable (anexo I da convocatoria) de cumprimento dos requisitos establecidos nas bases da presente convocatoria e da veracidade dos datos achegados no currículum vítae.
A presentación de solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través da sede electrónica da Universidade de Vigo
Data límite de recepción de candidaturas: A data límite para o envío das solicitudes é o 9 de xullo de 2025.