Convocatoria: | https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/1311 |
Tipo de contrato: | Contratos para a realización de proxectos e para a execución de plans (art 32bis Lei da Ciencia). Duración indefinida |
Número de prazas: | 2 |
Xornada: | Tempo completo (37.5 h/semana) |
Data probable de inicio | A partir da resolución desta convocatoria. Na data que se establezca na mesma. |
Duración do contrato | Indefinida |
Salario bruto mensual | 1500,00 € (incluído o prorrateo das pagas extraordinarias) |
Lugar de traballo: | ESCOLA DE ENXEÑARIA INDUSTRIAL DE VIGO |
Categoría laboral: | Técnico Superior de apoio á investigación modalidade C |
Contratos para a realización de proxectos e para a execución de plans (art 32bis Lei da
Ciencia). Duración indefinida
Traballo a realizar
Tarefas de carácter experimental. Deseño de instalacións experimentais, posta a punto, realización de ensaios, tratamento de datos, etc.
Requisitos
- Grao ou equivalente nunha Enxeñería de ámbito industrial.
Méritos a valorar
- Experiencia Profesional: Traballo desenvolvido no ámbito da Enxeñería Industrial/Mecatrónica/Electrónica. (30 puntos).
- Formación: Grao en Enxeñería Mecatrónica/Electrónica (30 puntos).
- Formación: Coñecemento en lingua inglesa, cursos, formación relacionada co posto (30 puntos).
- Entrevista (10 puntos).
Comité avaliador
- Presidente: María Concepción Paz Penín.
- Secretario: Eduardo Suárez Porto.
- Vogal: Marcos Conde Fontenla .
Documentación
- Solicitude
- Currículum vitae
- Declaración responsable (anexo I da convocatoria) de cumprimento dos requisitos establecidos nas bases da presente convocatoria e da veracidade dos datos achegados no currículum vítae.
A presentación de solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través da sede electrónica da Universidade de Vigo
Data límite de recepción de candidaturas: A data límite para o envío das solicitudes é o 20 de marzo de 2024.