Centos de investigadoras e investigadores, decenas de actividades e sete cidades nas que celebrar a G-Night
O evento, coordinado pola UVigo, achegará a ciencia a rúas, museos, institucións educativas e bares.
Outro ano máis, a Noite europea das persoas investigadoras celebrarase en Galicia con folgos renovados, da man dunha decena de universidades, centros e institutos de investigación, coordinados pola UVigo.
Coa creatividade a súa relación co coñecemento científico como eixo do evento, e baixo o lema Conciencias creativas.
Máis info: https://gnight.gal/