2324-140016 Axuda para a acreditación, estrutura, mellora e apoio de centros de investigación do SUG da Xunta de Galicia

Convocatoria: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/1450
Número de prazas: 2
Tipo de contrato: Contratos para a realización de proxectos e para a execución de plans (art 32bis Lei da Ciencia). Duración indefinida
Xornada: Tempo completo (37.5 h/semana)
Data probable de inicio A partir da resolución desta convocatoria. Na data que se establezca na mesma.
Duración do contrato Indefinida
Salario bruto mensual 1950,00 € (incluído o prorrateo das pagas extraordinarias)
Lugar de traballo: Cintecx – Vigo
Categoría laboral: Técnico Superior de apoio á investigación modalidade C

Contratos para a realización de proxectos e para a execución de plans (art 32bis Lei da Ciencia). Duración indefinida

Traballo a realizar
A persoa contratada incorporarase ao persoal técnico de apoio ao centro, co obxectivo principal de apoiar aos investigadores nas actividades de I+D, a preparación e xestión de solicitudes de novos proxectos de carácter internacional, e a captación de talento. Ademais, participará no desenvolvemento estratéxico e na internacionalización do centro, así como na implementación e xestión do plan de comunicación de CINTECX para fortalecer a visibilidade e o impacto das investigacións e actividades desenvolvidas.

Requisitos

  • Grao no ámbito das tecnoloxías e enxeñarías aliñadas coas áreas temáticas do CINTECX.

Méritos a valorar

  • Formación Académica: Grao en tecnoloxías e enxeñarías aliñadas coas áreas temáticas do CINTECX. Formación complementaria relevante (másteres, doutoramentos, cursos especializados). Nivel avanzado de inglés, con capacidade para xestionar proxectos internacionais e comunicarse eficazmente neste idioma. (20 puntos).
  • Experiencia Profesional: Experiencia previa na xestión de proxectos de I+D, especialmente en ámbitos internacionais. Experiencia na organización de actividades de formación e divulgación científica. Experiencia na elaboración e execución de plans de comunicación (40 puntos).
  • Coñecementos Específicos: Procedementos e requisitos das convocatorias de financiamento europeas e nacionais. Familiaridade cos sistemas de xestión da calidade aplicados á investigación, así como na xestión orzamentaria e de pedidos na universidade e noutras administracións. Coñecemento das áreas temáticas e liñas de investigación de CINTECX. Competencia no uso de ferramentas e software para a xestión de proxectos e a comunicación científica (25 puntos).
  • Entrevista persoal. A entrevista realizarase unicamente a todos os candidatos/as que na suma dos méritos
    acaden un mínimo de 50 puntos. (15 puntos).

Comité avaliador

  • Presidente: Mª Angeles Sanromán Braga.
  • Secretario: Félix Quintero Martínez.
  • Vogal: Marta Pazos Currás.

Documentación

  • Solicitude
  • Currículum vitae
  • Declaración responsable (anexo I da convocatoria) de cumprimento dos requisitos establecidos nas bases da presente convocatoria e da veracidade dos datos achegados no currículum vítae.

A presentación de solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través da sede electrónica da Universidade de Vigo

Data límite de recepción de candidaturas: A data límite para o envío das solicitudes é o 24 de outubro de 2024.