A Universidade eleva a 4,5 millóns de euros as axudas conseguidas no Plan Estatal de Investigación

Desde o Cintecx, o Centro de Investigación en Tecnoloxías, Enerxía e Procesos Industriais, a súa directora, Concepción Paz, salienta que estes resultados –máis de 800.000 euros de financiamento para catro proxectos- “son sen dúbida unha proba de que desde o noso centro continuamos polo camiño formulado hai xa uns anos cando acadamos a acreditación da Xunta de Galicia como centro de investigación, un fito que se logrou grazas á total implicación de todos os grupos e persoal investigador”. A todo isto a responsable do centro engade que as axudas económicas dos distintos proxectos, “xogan o papel de aval do noso saber facer investigador” e supoñen tamén novos folgos para continuar fieis á súa estratexia de posicionamento diferenciador en Galicia, “sen deixar ao marxe os escenarios nacionais e europeos”.

Entre os exemplos dos proxectos concedidos aos grupos de Cintecx, poden citarse traballos que velarán pola mellora da xestión da calidade das augas e cumprimento dos estándares fixados pola Directiva Marco da auga; outro sobre a redución do impacto ambiental e sanitario de afluentes hospitalarios mediante oxidación avanzada; outro sobre dispositivos biomédicos e, outro, sobre investigación experimental e numérica para mellorar a refrixeración de baterías e compoñente electrónicos en vehículos eléctricos.