Contrato indefinido vinculado á liña de investigación

Convocatoria: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/1770
Número de prazas: 1
Tipo de contrato: Contrato indefinido vinculado á liña de investigación.
Xornada: Tempo parcial (20 horas/semana).
Data probable de inicio: A partir da resolución desta convocatoria. Na data que se establezca na mesma.
Duración do contrato: Indefinida.
Salario bruto mensual 1100 € (incluído o prorrateo das pagas extraordinarias).
Lugar de traballo: Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo
Categoría laboral: Persoal investigador non doutor.

Contrato indefinido vinculado á liña de investigación

Traballo a realizar:
Desenvolvemento de metodoloxías avanzadas de dixitalización do ambiente construído, incluíndo a análise, integración e modelado de datos xeoespaciais.
Requisitos

  • Grao en enxeñería. Matrícula nun programa de doutoramento relacionado coas xeotecnoloxías na Universidade de Vigo.

Méritos a valorar

  • Formación académica e outros cursos de formación (40 puntos).
  • Experiencia investigadora e cv (45 puntos).
  • Entrevista persoal. A entrevista realizarase unicamente á/aos 3 candidatos/as que teñan mellor CV (15 puntos).

Comité avaliador

  • Presidente: Lucía Díaz Vilariño.
  • Secretario: Antonio Fernández Álvarez.
  • Vogal: Henrique Lorenzo Cimadevila.

Documentación

  • Solicitude
  • Currículum vitae
  • Declaración responsable (anexo I da convocatoria) de cumprimento dos requisitos establecidos nas bases da presente convocatoria e da veracidade dos datos achegados no currículum vítae.

A presentación de solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través da sede electrónica da Universidade de Vigo

Data límite de recepción de candidaturas: A data límite para o envío das solicitudes é o 18 de febreiro de 2026.