| Convocatoria: | https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/1770 |
| Número de prazas: | 1 |
| Tipo de contrato: | Contrato de duración determinada por circunstancias da produción (máximo 6 meses). |
| Xornada: | Tempo parcial (18,75 horas/semana). |
| Data probable de inicio: | A partir da resolución desta convocatoria. Na data que se establezca na mesma. |
| Duración do contrato: | 2 meses e medio. |
| Salario bruto mensual | 920,20 € (incluído o prorrateo das pagas extraordinarias). |
| Lugar de traballo: | Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo |
| Categoría laboral: | Persoal investigador non doutor. |
Acción estratéxica do grupo de investigación TDSN
Traballo a realizar:
Desenvolvemento de métodos numéricos baseados nos elementos finitos e esquemas de integración temporal.
Requisitos
- Grao en Matemáticas.
Méritos a valorar
- Grao en Matemáticas (valorarase positivamente a especialización en Matemática Aplicada). Outros cursos de formación (30 puntos).
- Coñecementos demostrables (nivel avanzado) en modelización matemática: Métodos Numéricos e Programación (20 puntos).
- Valorarase positivamente a participación en artigos de investigación relacionados coa termomecánica (35 puntos)
- Entrevista persoal. A entrevista realizarase unicamente á/aos 3 candidatos/as que teñan mellor CV (15 puntos).
Comité avaliador
- Presidente: Enrique Casarejos Ruiz .
- Secretario: José Ramón Fernández García .
- Vogal: Sofía Suárez García.
Documentación
- Solicitude
- Currículum vitae
- Declaración responsable (anexo I da convocatoria) de cumprimento dos requisitos establecidos nas bases da presente convocatoria e da veracidade dos datos achegados no currículum vítae.
A presentación de solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través da sede electrónica da Universidade de Vigo
Data límite de recepción de candidaturas: A data límite para o envío das solicitudes é o 18 de febreiro de 2026.
