2724-143003 Mellora da Seguridade en Estradas a través de tecnoloxías enfocadas ao Digital Twin

Convocatoria: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/1472
Número de prazas: 1
Tipo de contrato: Contrato predoutoral (art21 Lei da Ciencia) EPIF (mín 1 ano, máx 4).
Xornada: Tempo completo (37,5 h/semana).
Data probable de inicio: A partir da resolución desta convocatoria. Na data que se establezca na mesma.
Duración do contrato: 12 meses.
Salario bruto mensual 1750,00 € (incluído o prorrateo das pagas extraordinarias).
Lugar de traballo: Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo.
Categoría laboral: Personal investigador segundo estatuto Personal Investigador Predoutoral en Formación (Titulación Universitaria Superior).

Contrato predoutoral (art21 Lei da Ciencia) EPIF (mín 1 ano, máx 4)

Traballo a realizar:
Monitorización de zonas de obra en estrada baseada en sistemas robotizados abertos e colaborativos.

Requisitos

  • Máster.

Méritos a valorar

  • Titulación académica requerida e relacionada coas xeotecnoloxías aplicadas (Máster) (25 puntos).
  • Experiencia investigadora e cv relacionados coas xeotecnoloxías aplicadas e a monitorización de zonas de obra usando sistemas robóticos abertos IA (45 puntos).
  • Coñecementos en Desenvolvemento baseado en ROS para a monitorización de zonas de obra (15 puntos).
  • Entrevista persoal: A entrevista persoal realizarase unicamente aos/ás 3 candidatos/as que, na suma dos méritos anteriores, acaden un mínimo de 50 puntos(15 puntos).

Comité avaliador

  • Presidente: Joaquín Martínez Sánchez.
  • Secretario: Pedro Arias Sánchez.
  • Vogal: Belén Riveiro Rodríguez.

Documentación

  • Solicitude
  • Currículum vitae
  • Declaración responsable (anexo I da convocatoria) de cumprimento dos requisitos establecidos nas bases da presente convocatoria e da veracidade dos datos achegados no currículum vítae.

A presentación de solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través da sede electrónica da Universidade de Vigo

Data límite de recepción de candidaturas: A data límite para o envío das solicitudes é o 12 de decembro de 2024.