2524-141997 Contrato indefinido vinculado á liña de investigación

Convocatoria: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/1461
Número de prazas: 1
Tipo de contrato: Contrato de actividades científico-técnicas (art 23bis Lei da Ciencia). Duración indefinida.
Xornada: Tempo completo (37,5 h/semana).
Data probable de inicio: A partir da resolución desta convocatoria. Na data que se establezca na mesma.
Duración do contrato: Indefinida.
Salario bruto mensual 2200,00 € (incluído o prorrateo das pagas extraordinarias).
Lugar de traballo: Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo.
Categoría laboral: Investigador modalidade A (Doutor).

Contrato indefinido vinculado á liña de investigación

Traballo a realizar:
Desenvolvemento de Modelos de Machine Learning de Consumo e Produción Eléctrica.

Requisitos

  • Doutor (Eficiencia Enerxética ou similar).

Méritos a valorar

  • Experiencia Profesional: Traballo desenvolvido relacionado co traballo e funcións a realizar (25 puntos).
  • Formación: Estudios universitarios ou outras titulacións relacionadas co traballo a desenvolver (35 puntos).
  • Formación Específica: Programación en Python e Matemáticas (tratamento de datos) (25 puntos).
  • Entrevista persoal: A entrevista persoal realizarase unicamente aos/ás 3 candidatos/as que, na suma dos méritos anteriores, acaden un mínimo de 50 puntos (15 puntos).

Comité avaliador

  • Presidente: Pablo Eguía Oller.
  • Secretaria: Raquel Pérez Orozco.
  • Vogal: Enrique Granada Álvarez.

Documentación

  • Solicitude
  • Currículum vitae
  • Declaración responsable (anexo I da convocatoria) de cumprimento dos requisitos establecidos nas bases da presente convocatoria e da veracidade dos datos achegados no currículum vítae.

A presentación de solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través da sede electrónica da Universidade de Vigo

Data límite de recepción de candidaturas: A data límite para o envío das solicitudes é o 18 de novembro de 2024.