2225-170079 Ferramentas de dixitalización avanzada coma soporte á planificación integral de deconstruccións (ALLEGRO)

Convocatoria: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/1726
Número de prazas: 1
Tipo de contrato: Contrato de duración determinada por circunstancias da produción (máximo 6 meses).
Xornada: Tempo completo (37.5 horas/semana) .
Data probable de inicio: A partir da resolución desta convocatoria. Na data que se establezca na mesma.
Duración do contrato: 3 meses.
Salario bruto mensual 1850 € (incluído o prorrateo das pagas extraordinarias).
Lugar de traballo: Escola de Enxeñaría Industrial da Universidade de Vigo
Categoría laboral: Persoal investigador non doutor.

Contrato de duración determinada por circunstancias da produción (máximo 6 meses)

Traballo a realizar:
Apoio ao desenvolvemento de métodos de dixitalización do sector da construción.

Requisitos

  • Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais.

Méritos a valorar

  • Expediente académico do grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais. Formación académica e outros cursos de formación (40 puntos).
  • Experiencia investigadora e cv (45 puntos).
  • Entrevista (15 puntos).

Comité avaliador

  • Presidente: Lucía Díaz Vilariño.
  • Secretario: Antonio Fernández Álvarez.
  • Vogal: Henrique Lorenzo Cimadevila.

Documentación

  • Solicitude
  • Currículum vitae
  • Declaración responsable (anexo I da convocatoria) de cumprimento dos requisitos establecidos nas bases da presente convocatoria e da veracidade dos datos achegados no currículum vítae.

A presentación de solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través da sede electrónica da Universidade de Vigo

Data límite de recepción de candidaturas: A data límite para o envío das solicitudes é o 22 de decembro de 2025.