1326-186831 Xeotecnoloxías para a detección temperá de danos no formigón armado de pavimentos e taboleiros de ponte

Convocatoria: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/1940
Número de prazas: 1
Tipo de contrato: Contrato de duración determinada por circunstancias da produción (máximo 6 meses).
Xornada: Tempo completo (37,5 horas/semana) .
Data probable de inicio: 01/12/2026.
Duración do contrato: 6 meses.
Salario bruto mensual 1.875,28 € (incluído o prorrateo das pagas extraordinarias).
Lugar de traballo: Escola de Enxeñería Forestal da Universidade de Vigo.
Categoría laboral: Persoal investigador non doutor.

Contrato de duración determinada por circunstancias da produción (máximo 6 meses)

Traballo a realizar:
Implementación dunha ferramenta de visualización XR xeneralizada.

Requisitos

  • Grao en Enxeñaría Xeomática, Grao en Informática ou Grao en ciencias da computación.

Méritos a valorar

  • Experiencia profesional en universidades, organismos públicos ou empresas (30 puntos).
  • Experiencia investigadora e CV relacionados coas tarefas do contrato (35 puntos).
  • Formación específica (no título de grao ou noutras titulacións) en Intelixencia Computacional e/ou Visión por Computador (20 puntos).
  • Entrevista persoal. A entrevista realizarase unicamente a/aos 3 candidatos/as que na suma dos méritos acaden un mínimo de 50 puntos (15 puntos).

Comité avaliador

  • Presidente: Mercedes Solla Carracelas.
  • Secretario: Henrique Lorenzo Cimadevila .
  • Vogal: Jesús Balado Frías.

Documentación

  • Solicitude
  • Currículum vitae
  • Declaración responsable (anexo I da convocatoria) de cumprimento dos requisitos establecidos nas bases da presente convocatoria e da veracidade dos datos achegados no currículum vítae.

A presentación de solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través da sede electrónica da Universidade de Vigo

Data límite de recepción de candidaturas: A data límite para o envío das solicitudes é o 21 de outubro de 2026.