1126-183420 Efficient zero-emissions gas turbine POWER system for MARitime transport

Convocatoria: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/1916
Número de prazas: 1
Tipo de contrato: Contratos para a realización de proxectos e para a execución de plans (art 32bis Lei da Ciencia). Duración indefinida.
Xornada: Tempo completo (37,5 horas/semana) .
Data probable de inicio: 01/11/2026.
Duración do contrato: Indefinido.
Salario bruto mensual 1.545,00 € (incluído o prorrateo das pagas extraordinarias).
Lugar de traballo: Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo./td>
Categoría laboral: Persoal técnico medio de apoio á investigación.

Contratos para a realización de proxectos e para a execución de plans (art 32bis Lei da Ciencia). Duración indefinida

Traballo a realizar:
Tarefas de elaboración e optimización de xemelgos dixitais.

Requisitos

  • Grao en enxeñaría mecánica.

Méritos a valorar

  • Formación académica e outros cursos de formación. Coñecemento en lingua inglesa (30 puntos).
  • Experiencia previa: Traballo desenvolvido relacionado coas funcións a desempeñar, especialmente en
    motores de combustión e xemelgos dixitais (25 puntos).
  • Coñecemento de Siemens Simcenter e da súa aplicación á modelaxe de motores de combustión interna e xeradores (30 puntos).
  • Entrevista. A entrevista realizarase a todos os candidatos/as que na suma dos méritos acaden un mínimo de 50 puntos (15 puntos).

Comité avaliador

  • Presidente: Jacobo Porteiro Fresco.
  • Secretario: David Patiño Vilas.
  • Vogal: Concepción Paz Penín.

Documentación

  • Solicitude
  • Currículum vitae
  • Declaración responsable (anexo I da convocatoria) de cumprimento dos requisitos establecidos nas bases da presente convocatoria e da veracidade dos datos achegados no currículum vítae.

A presentación de solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través da sede electrónica da Universidade de Vigo

Data límite de recepción de candidaturas: A data límite para o envío das solicitudes é o 22 de setembro de 2026.