0626-177811 Acción estratéxica do grupo de investigación TDSN

Convocatoria: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/1851
Número de prazas: 1
Tipo de contrato: Contrato de duración determinada por circunstancias da produción (máximo 6 meses).
Xornada: Tempo parcial (18,75 horas/semana).
Data probable de inicio: A partir da resolución desta convocatoria. Na data que se establezca na mesma.
Duración do contrato: 3 meses.
Salario bruto mensual 1055 € (incluído o prorrateo das pagas extraordinarias).
Lugar de traballo: Escola de Enxeñería Industrial
Categoría laboral: Persoal investigador non doutor.

Contrato de duración determinada por circunstancias da produción (máximo 6 meses).

Traballo a realizar:
Desenvolvemento de métodos numéricos baseados nos elementos finitos e esquemas de integración temporal.

Requisitos

  • Grao en Matemáticas .

Méritos a valorar

  • Formación académica (Valorarase positivamente a especialización en Matemáticas Aplicadas) e outros cursos de formación (30 puntos).
  • Coñecementos demostrables (nivel avanzado) en modelización matemática: Métodos Numéricos e Programación (20 puntos).
  • Valorarase positivamente a participación en artigos de investigación relacionados coa termomecánica (35 puntos).
  • Entrevista persoal. A entrevista realizarase unicamente a/aos candidatos/as que na suma dos méritos acaden un mínimo de 50 puntos (15 puntos).

Comité avaliador

  • Presidente: Enrique Casarejos Ruiz .
  • Secretario: José Ramón Fernández García .
  • Vogal: Sofía Suárez García.

Documentación

  • Solicitude
  • Currículum vitae
  • Declaración responsable (anexo I da convocatoria) de cumprimento dos requisitos establecidos nas bases da presente convocatoria e da veracidade dos datos achegados no currículum vítae.

A presentación de solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través da sede electrónica da Universidade de Vigo

Data límite de recepción de candidaturas: A data límite para o envío das solicitudes é o 20 de maio de 2026.