1426-190294 Contrato vinculado á liña de investigación

Convocatoria: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/1955
Número de prazas: 1
Tipo de contrato: Contrato vinculado a liñas de investigación
Xornada: Tempo completo (37,5 horas/semana) .
Data probable de inicio: 01/01/2027.
Duración do contrato: Indefinido.
Salario bruto mensual 3.750,00 € (incluído o prorrateo das pagas extraordinarias).
Lugar de traballo: Escola de Enxeñería de Minas e Enerxía.
Categoría laboral: Persoal investigador non doutor.

Contrato de actividades científico-técnicas (art 23bis Lei da Ciencia). Duración indefinida

Traballo a realizar:
A persoa contratada realizará tarefas de investigación e desenvolvemento tecnolóxico de sistemas de monitorización da calidade do aire interior, incluíndo o deseño e mellora de compoñentes electrónicos e software, a fabricación e validación de prototipos, a realización de ensaios de laboratorio e probas piloto en contornas reais, a análise de datos, o desenvolvemento de novas funcionalidades da plataforma IAQIA3 e o apoio nos procesos de certificación e obtención da marcaxe CE.

Requisitos

  • Diplomatura en informática, grao en informática, licencitura en informática. Grao ou licenciatura de Enxeñaría de Telecomunicacións, Enxeñaría Informática ou Enxeñaría en Automática e Electronica. Titulacións equivalentes .

Méritos a valorar

  • Formación académica (30 puntos).
  • Experiencia profesional no ámbito das funcións a desenvolver (55 puntos).
  • Entrevista persoal. A entrevista realizarase unicamente a/aos 2 candidatos/as que na suma dos méritos acaden un mínimo de 50 puntos (15 puntos)

Comité avaliador

  • Presidente: Enrique Granada Álvarez.
  • Secretario: Pablo Eguía Oller .
  • Vogal: Raquel Pérez Orozco.

Documentación

  • Solicitude
  • Currículum vitae
  • Declaración responsable (anexo I da convocatoria) de cumprimento dos requisitos establecidos nas bases da presente convocatoria e da veracidade dos datos achegados no currículum vítae.

A presentación de solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través da sede electrónica da Universidade de Vigo

Data límite de recepción de candidaturas: A data límite para o envío das solicitudes é o 18 de novembro de 2026.