1226-184719 Contrato predoutoral (art21 Lei da Ciencia) EPIF (mín 1 ano, máx 4)

Convocatoria: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/1916
Número de prazas: 1
Tipo de contrato: Contrato predoutoral (art21 Lei da Ciencia) EPIF (mín 1 ano, máx 4).
Xornada: Tempo completo (37,5 horas/semana) .
Data probable de inicio: 01/11/2026.
Duración do contrato: 12 meses.
Salario bruto mensual 1.900,00 € (incluído o prorrateo das pagas extraordinarias).
Lugar de traballo: Escola de Enxeñería de Minas.
Categoría laboral: Persoal investigador en formación: segundo o marcado polo Estatuto de Persoal Investigador en Formación (EPIF).

Contrato predoutoral (art21 Lei da Ciencia) EPIF (mín 1 ano, máx 4)

Traballo a realizar:
Realización da tese de doutoramento relacionada co procesamento de datos xeoespaciais e desenvolvemento de intelixencia artificial embebida

Requisitos

  • Mestrado en Enxeñaría/Ciencias relacionadas.Admisión nun programa de doutoramento na Universidade de Vigo a tempo completo ou estar en condicións de matricularse no momento de formalización do contrato

Méritos a valorar

  • Experiencia profesional e adecuación do currículum vitae (20 puntos).
  • Formación académica (15 puntos).
  • Formación específica relacionada co procesamento de datos xeoespaciais (LiDAR, imaxe RGB/térmica), intelixencia artificial embebida e/ou procesamento de imaxes(25 puntos).
  • Experiencia acreditada (académica, en prácticas ou profesional) relacionada co procesamento de datos xeoespaciais, visión artificial ou intelixencia artificial embebida (25 puntos).
  • Entrevista persoal. A entrevista realizarase unicamente a/aos 3 candidatos/as que na suma dos méritos acaden un mínimo de 50 puntos (15 puntos)

Comité avaliador

  • Presidente: Joaquín Martínez Sánchez.
  • Secretario: Pedro Arias Sánchez.
  • Vogal: Belén Riveiro Rodríguez.

Documentación

  • Solicitude
  • Currículum vitae
  • Declaración responsable (anexo I da convocatoria) de cumprimento dos requisitos establecidos nas bases da presente convocatoria e da veracidade dos datos achegados no currículum vítae.

A presentación de solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través da sede electrónica da Universidade de Vigo

Data límite de recepción de candidaturas: A data límite para o envío das solicitudes é o 30 de setembro de 2026.