1126-183936 Contrato indefinido vinculado á liña de investigación

Convocatoria: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/1916
Número de prazas: 1
Tipo de contrato: Contrato indefinido vinculado á liña de investigación.
Xornada: Tempo parcial (18,75 horas/semana).
Data probable de inicio: 16/10/2026.
Duración do contrato: Indefinida.
Salario bruto mensual 901,25 € (incluído o prorrateo das pagas extraordinarias).
Lugar de traballo: Escola de Enxeñería de Industrial – Sede Campus
Categoría laboral: Persoal investigador non doutor.

Contrato indefinido vinculado á liña de investigación

Traballo a realizar:
A persoa contratada realizará tarefas relacionadas co deseño e desenvolvemento de equipamento experimental para a caracterización mecánica de pericardio bovino mediante ensaios de tracción e flexión, así como co apoio na realización e análise dos ensaios experimentais.

Requisitos

  • Grao en Enxeñaría Biomédica. Nivel mínimo de inglés B2 ou equivalente.

Méritos a valorar

  • Nivel de inglés acreditado mediante certificado oficial (25 puntos).
  • Formación académica (15 puntos).
  • Experiencia en laboratorio, caracterización mecánica ou traballo con tecidos biolóxicos. Valorarase a afinidade da experiencia profesional, traballos fin de grao ou mestrado, prácticas e formación específica (25 puntos).
  • Experiencia en deseño mecánico, fabricación de prototipos, programación ou uso de ferramentas de enxeñaría (CAD, traballo con datos, MATLAB ou Python). Valorarase a afinidade da experiencia profesional, traballos fin de grao ou mestrado, prácticas e formación específica (20 puntos).
  • Entrevista persoal. A entrevista só se realizará aos candidatos que, na suma dos seus méritos, acaden como mínimo 50 puntos. Poderá non realizarse se só hai un candidato (15 puntos).

Comité avaliador

  • Presidente: Abraham Segade Robleda.
  • Secretario: Gloria María Pena Urís.
  • Vogal: Iria Feijoo Vázquez.

Documentación

  • Solicitude
  • Currículum vitae
  • Declaración responsable (anexo I da convocatoria) de cumprimento dos requisitos establecidos nas bases da presente convocatoria e da veracidade dos datos achegados no currículum vítae.

A presentación de solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través da sede electrónica da Universidade de Vigo

Data límite de recepción de candidaturas: A data límite para o envío das solicitudes é o 22 de setembro de 2026.