2025-167043 Axuda para a acreditación, estrutura, mellora e apoio de centros de investigación do SUG da Xunta de Galicia

Convocatoria: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/1704
Número de prazas: 1
Tipo de contrato: Contrato de duración determinada por circunstancias da produción (máximo 6 meses).
Xornada: Tempo parcial (20 horas/semana).
Data probable de inicio: A partir da resolución desta convocatoria. Na data que se establezca na mesma.
Duración do contrato: 6 meses.
Salario bruto mensual 1000,00 € (incluído o prorrateo das pagas extraordinarias).
Lugar de traballo: Cintecx
Categoría laboral: Persoal técnico especialista de apoio á investigación.

Contrato de duración determinada por circunstancias da produción (máximo 6 meses)

Traballo a realizar:
Colaborará na posta en marcha, mantemento e operación dos equipos de fabricación aditiva e mecanizado do centro CINTECX, así como no seguimento dos protocolos dos servizos do centro. Participará en tarefas de apoio directo aos grupos de investigación nos seus desenvolvementos.
Requisitos

  • Formación Profesional de Grao Superior (FP2) ou equivalente en mecanizado, montaxe, fabricación mecánica ou fabricación aditiva.

Méritos a valorar

  • Formación académica (30 puntos).
  • Experiencia profesional directamente relacionada coas tarefas e funcións a realizar (30 puntos).
  • Coñecementos específicos e competencia no uso de ferramentas relacionadas coas tarefas e funcións a desenvolver (25 puntos).
  • A entrevista realizarase unicamente aos candidatos/as que na suma dos méritos acaden un mínimo de 50 puntos (15 puntos).

Comité avaliador

  • Presidente: Mª Angeles Sanromán Braga.
  • Secretario: Alejandro Gómez Yepes.
  • Vogal: Marta Pazos Currás .

Documentación

  • Solicitude
  • Currículum vitae
  • Declaración responsable (anexo I da convocatoria) de cumprimento dos requisitos establecidos nas bases da presente convocatoria e da veracidade dos datos achegados no currículum vítae.

A presentación de solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través da sede electrónica da Universidade de Vigo

Data límite de recepción de candidaturas: A data límite para o envío das solicitudes é o 20 de novembro de 2025.