| Convocatoria: | https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/1646 |
| Número de prazas: | 1 |
| Tipo de contrato: | Contrato predoutoral (art21 Lei da Ciencia) EPIF (mín 1 ano, máx 4). |
| Xornada: | Tempo completo (37,5 horas/semana) . |
| Data probable de inicio: | A partir da resolución desta convocatoria. Na data que se establezca na mesma. |
| Duración do contrato: | 15 meses. |
| Salario bruto mensual | 2050,00 € (incluído o prorrateo das pagas extraordinarias). |
| Lugar de traballo: | Escola de Enxeñería Forestal de Pontevedra da Universidade de Vigo |
| Categoría laboral: | Personal investigador según estatuto Personal Investigador Predoutoral en Formación (Titulación Universitaria Superior). |
Contrato predoutoral (art21 Lei da Ciencia) EPIF (mín 1 ano, máx 4)
Traballo a realizar:
Integración de datos xeoespaciais en modelos de información IFC e interoperabilidade con ferramentas de realidade aumentada.
Requisitos
- Graduado (ou equivalente) en Enxeñería xeomática ou informática. Admisión nun programa de doutoramento na Universidade de Vigo a tempo completo ou estar en condicións de matricularse no momento de formalización do contrato.
Méritos a valorar
- Título de grao (ou equivalente) relacionado coas tarefas do contrato (20 puntos).
- Título de máster relacionado coas tarefas do contrato (20 puntos).
- Experiencia investigadora e CV relacionados coas tarefas do contrato (45 puntos).
- Entrevista persoal: A entrevista persoal realizarase unicamente ós/ás 3 candidatos/as que, na suma dos méritos anteriores, acaden un mínimo de 50 puntos (15 puntos).
Comité avaliador
- Presidente: Mercedes Solla Carracelas.
- Secretario: Henrique Lorenzo Cimadevila.
- Vogal: Jesús Balado Frías.
Documentación
- Solicitude
- Currículum vitae
- Declaración responsable (anexo I da convocatoria) de cumprimento dos requisitos establecidos nas bases da presente convocatoria e da veracidade dos datos achegados no currículum vítae.
A presentación de solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través da sede electrónica da Universidade de Vigo
Data límite de recepción de candidaturas: A data límite para o envío das solicitudes é o 1 de agosto de 2025.
