Convocatoria: | https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/1643 |
Número de prazas: | 1 |
Tipo de contrato: | Contrato de duración determinada por circunstancias da produción (máximo 6 meses). |
Xornada: | Tempo parcial (18,75 horas/semana). |
Data probable de inicio: | A partir da resolución desta convocatoria. Na data que se establezca na mesma. |
Duración do contrato: | 2 meses e medio. |
Salario bruto mensual | 1050,00 € (incluído o prorrateo das pagas extraordinarias). |
Lugar de traballo: | Escola de Enxeñaría Industrial da Universidade de Vigo. |
Categoría laboral: | Persoal investigador non doutor. |
Contrato de duración determinada por circunstancias da produción (máximo 6 meses)
Traballo a realizar:
A persoa contratada incorporase ao Grupo para apoiar as tarefas de diseño e análise de sensores para aplicación NDT.
Requisitos
- Grao en Enxeñería Mecánica.
Méritos a valorar
- Grao en Enxeñaría Mecánica, valorándose positivamente a especialización en Maquinaria Industrial, expedido por unha universidade oficialmente recoñecida (30 puntos).
- Coñecementos demostrables (nivel avanzado) en modelización matemática: Métodos Numéricos e Programación, Ecuacións Diferenciais e Sistemas Dinámicos, Ecuacións en Derivadas Parciais (20 puntos).
- Experiencia acreditada en Deseño Asistido por Computador (CAD) e en software de dinámica de fluídos computacional (CFD) e análise por elementos finitos (FEA), incluíndo formulación, resolución analítica e validación experimental ou numérica de problemas industriais (20 puntos).
- Valorarase positivamente a participación en proxectos relacionados con deseño e dimensionamento de instrumentos de laboratorio de gran volumen operadas a alta presión (15 puntos).
- Entrevista persoal (15 puntos).
Comité avaliador
- Presidente: Enrique Casarejos Ruiz .
- Secretaria: Sofía Suárez García.
- Vogal: Marcos López Lago.
Documentación
- Solicitude
- Currículum vitae
- Declaración responsable (anexo I da convocatoria) de cumprimento dos requisitos establecidos nas bases da presente convocatoria e da veracidade dos datos achegados no currículum vítae.
A presentación de solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través da sede electrónica da Universidade de Vigo
Data límite de recepción de candidaturas: A data límite para o envío das solicitudes é o 30 de xullo de 2025.