1325-155623 Axuda para a acreditación, estrutura, mellora e apoio de centros de investigación do SUG

Convocatoria: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/1631
Número de prazas: 1
Tipo de contrato: Contrato de duración determinada por circunstancias da produción (máximo 6 meses).
Xornada: Tempo parcial (27,5 horas/semana).
Data probable de inicio: A partir da resolución desta convocatoria. Na data que se establezca na mesma.
Duración do contrato: 3 meses.
Salario bruto mensual 1.800,00 € (incluído o prorrateo das pagas extraordinarias).
Lugar de traballo: Cintecx.
Categoría laboral: Investigador modalidade B (Titulación Universitaria Superior).

Contrato de duración determinada por circunstancias da produción (máximo 6 meses).

Traballo a realizar:
A persoa contratada incorporarase ao persoal técnico de apoio do centro, co obxectivo principal de apoiar aos investigadores en actividades relacionadas cos proxectos e infraestruturas do centro.

Requisitos

  • Grao e máster no ámbito das tecnoloxías .

Méritos a valorar

  • Expediente académico, experiencia profesional previa e nivel de inglés (40 puntos).
  • Experiencia relacionada coa temática do traballo a desenvolver (45 puntos).
  • Entrevista (15 puntos).

Comité avaliador

  • Presidente: Mª Angeles Sanromán Braga.
  • Secretario: Alejandro Gómez Yepes.
  • Vogal: Marta Pazos Curras.

Documentación

  • Solicitude
  • Currículum vitae
  • Declaración responsable (anexo I da convocatoria) de cumprimento dos requisitos establecidos nas bases da presente convocatoria e da veracidade dos datos achegados no currículum vítae.

A presentación de solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través da sede electrónica da Universidade de Vigo

Data límite de recepción de candidaturas: A data límite para o envío das solicitudes é o 9 de xullo de 2025.