0925-151516 Liña de reforzo de traxectorias emerxentes.Investigador RyC

Convocatoria: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/1581
Número de prazas: 1
Tipo de contrato: Contrato de duración determinada por circunstancias da produción (máximo 6 meses).
Xornada: Tempo completo (37,5 h/semana).
Data probable de inicio: A partir da resolución desta convocatoria. Na data que se establezca na mesma.
Duración do contrato: 2 meses e 16 días.
Salario bruto mensual 1750,00 € (incluído o prorrateo das pagas extraordinarias).
Lugar de traballo: Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo.
Categoría laboral: Investigador modalidade B (Titulación Universitaria Superior).

Contrato de duración determinada por circunstancias da produción (máximo 6 meses)

Traballo a realizar:
Caracterizar, en base ás súas propiedades fisicoquímicas e composición, os extractos de biosurfactantes recuperados no proceso de diálise a escala piloto.
Requisitos

  • Grao e Mestrado en Enxeñaría Química, Biotecnoloxía, Química, Tecnoloxía dos Alimentos, Bioquímica e outras titulacións afíns.

Méritos a valorar

  • Méritos xerais: formación académica, expediente académico e coñecementos de inglés de nivel avanzado (40 puntos).
  • Méritos específicos relacionados coas funcións a desempeñar (45 puntos).
  • Entrevista persoal aos candidatos que, na suma dos méritos, acaden un mínimo de 50 puntos (15 puntos).

Comité avaliador

  • Presidente: Xanel Vecino Bello .
  • Secretaria: José Manuel Cruz Freire.
  • Vogal: Ana Belén Moldes Menduíña.

Documentación

  • Solicitude
  • Currículum vitae
  • Declaración responsable (anexo I da convocatoria) de cumprimento dos requisitos establecidos nas bases da presente convocatoria e da veracidade dos datos achegados no currículum vítae.

A presentación de solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través da sede electrónica da Universidade de Vigo

Data límite de recepción de candidaturas: A data límite para o envío das solicitudes é o 12 de maio de 2025.