{"id":263878,"date":"2026-06-09T12:45:15","date_gmt":"2026-06-09T10:45:15","guid":{"rendered":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/cintecx-capta-mas-de-800-000-euros-para-el-desarrollo-de-cinco-nuevos-proyectos-de-prueba-de-concepto\/"},"modified":"2026-06-09T12:55:59","modified_gmt":"2026-06-09T10:55:59","slug":"cintecx-capta-mas-de-800-000-euros-para-el-desarrollo-de-cinco-nuevos-proyectos-de-prueba-de-concepto","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/cintecx-capta-mas-de-800-000-euros-para-el-desarrollo-de-cinco-nuevos-proyectos-de-prueba-de-concepto\/","title":{"rendered":"CINTECX capta m\u00e1s de 800.000 euros para o desenvolvemento de seis novos proxectos de Proba Concepto"},"content":{"rendered":"<p>DUVI 05\/06\/2026<br \/>\nPreto dun mill\u00f3n de euros captados e seis proxectos concedidos. Estes son os resultados obtidos pola Universidade de Vigo na convocatoria de Proba de Concepto 2025 da Agencia Estatal de Investigaci\u00f3n (AEI), unha iniciativa que busca facilitar a transferencia de tecnolox\u00eda e a valorizaci\u00f3n dos resultados da investigaci\u00f3n. A instituci\u00f3n viguesa sit\u00faase como a sexta en porcentaxe de \u00e9xito nesta edici\u00f3n e poder\u00e1 testar a viabilidade t\u00e9cnica e comercial de avances de seis li\u00f1as de traballo, principalmente do Cintecx, que van dende a fabricaci\u00f3n aditiva de vidros ata a encapsulaci\u00f3n de oxidantes, novos antibi\u00f3ticos ou seguridade viaria, pasando por sistemas de detecci\u00f3n e xeolocalizaci\u00f3n ou xesti\u00f3n intelixente de recursos de rede.<\/p>\n<p>Esta convocatoria, enmarcada no Programa Estatal de Transferencia e Colaboraci\u00f3n do Plan Estatal de Investigaci\u00f3n 2024-2027, busca financiar actuaci\u00f3ns que permitan validar a viabilidade t\u00e9cnica e comercial de descubrimentos previos, servindo de ponte entre a investigaci\u00f3n cient\u00edfica desenvolvida nos centros e a s\u00faa posible aplicaci\u00f3n pr\u00e1ctica no mercado ou na sociedade. A trav\u00e9s destas axudas, os grupos de investigaci\u00f3n poden demostrar o potencial de innovaci\u00f3n das s\u00faas ideas para facilitar a s\u00faa explotaci\u00f3n posterior por parte do sector empresarial ou social. En total, a UVigo presentou a esta convocatoria altamente competitiva 23 proxectos, dos que lle foron aprobados seis (cinco deles impulsados por persoal investigador do Cintecx e un dende atlanTTic), o que se traduce en 923.351 euros de financiamento.<\/p>\n<p>En total, a AEI concedeu 183 proxectos, por un importe de 29,8 mill\u00f3ns de euros. Deles, o 67 % corresponde a solicitudes presentadas por investigadoras e investigadores adscritos a universidades, 122 delas p\u00fablicas e unha privada, situadas en 16 comunidades aut\u00f3nomas. En canto \u00e1 distribuci\u00f3n das axudas por comunidades aut\u00f3nomas, Madrid conta con 42 proxectos de Proba de Concepto aprobados, seguida de Catalu\u00f1a, con 38; Andaluc\u00eda, con 22 e Galicia, con 19.<\/p>\n<h3>bOROMorph<\/h3>\n<p>bOROMorph \u00e9 un dos proxectos da UVigo seleccionados nesta edici\u00f3n. Liderado polo investigador do Cintecx Rafael Comesa\u00f1a e cunha axuda concedida de 145.200\u20ac, ten como obxectivo validar t\u00e9cnica, financeira e comercialmente unha nova tecnolox\u00eda de fabricaci\u00f3n aditiva de vidros e cer\u00e1micas baseada na deposici\u00f3n de enerx\u00eda dirixida por l\u00e1ser, desenvolvida previamente no proxecto glADDmorph, que permitiu crear un prototipo capaz de procesar estes materiais de forma vers\u00e1til e sen precedentes, superando as limitaci\u00f3ns das t\u00e9cnicas actuais. Con esta proba de concepto, o equipo busca aumentar significativamente o nivel de madurez tecnol\u00f3xica e comercial da soluci\u00f3n, asegurar a protecci\u00f3n da propiedade intelectual e validar o prototipo nunha contorna relevante empregando materiais sostibles procedentes de residuos de vidro farmac\u00e9utico e vitrocer\u00e1mica t\u00e9cnica.<\/p>\n<h3>Hybox<\/h3>\n<p>Outra das propostas seleccionadas pola Agencia Estatal de Investigaci\u00f3n \u00e9 Hybox, que busca desenvolver e validar un sistema h\u00edbrido de encapsulaci\u00f3n de oxidantes para o tratamento sostible de contornas contaminadas con compostos org\u00e1nicos persistentes, dif\u00edciles de degradar naturalmente e perigosos para a sa\u00fade p\u00fablica e o medio ambiente. Lideran este proxecto Marta Pazos e \u00c1ngeles Sanrom\u00e1n, investigadoras do Cintecx, que contar\u00e1n cunha axuda de 183.920\u20ac. A proposta bas\u00e9ase en c\u00e1psulas biodegradables de agar-agar recubertas con poliacrilonitrilo, capaces de liberar de forma controlada oxidantes como persulfato, peroximonosulfato e per\u00f3xido de calcio, mellorando a eficiencia da oxidaci\u00f3n avanzada e reducindo o consumo de reactivos e a xeraci\u00f3n de subprodutos t\u00f3xicos. Deste xeito Hybox d\u00e1lle continuidade ao proxecto Resihosp, optimizando a formulaci\u00f3n, validando a s\u00faa eficacia en condici\u00f3ns reais e promovendo a s\u00faa transferencia tecnol\u00f3xica e comercializaci\u00f3n.<\/p>\n<h3>Proofgramicin<\/h3>\n<p>Tam\u00e9n impulsado por investigadores do Cintecx, foi seleccionado o proxecto Proofgramicin, baseado na tecnolox\u00eda desenvolvida no marco do proxecto Gramicorn, centrado na produci\u00f3n e extracci\u00f3n a escala piloto de novos antibi\u00f3ticos a partir dunha cepa de\u00a0<em>Aneurinibacillus aneurinilyticus<\/em>\u00a0illada do &#8216;corn steep liquor&#8217; (CSL). Ana Bel\u00e9n Moldes e Jos\u00e9 Manuel Cruz coordinan esta iniciativa, que contar\u00e1 cunha axuda de 174.240\u20ac. Os traballos previos permitiron descubrir varios hom\u00f3logos novidosos de Gramicidina S, as\u00ed como a propia Gramicidina S, producidos con alta reproducibilidade en CSL e en medios sint\u00e9ticos e publicados en revistas indexadas e congresos internacionais. O antibi\u00f3tico desenvolvido est\u00e1 libre de \u00e1cido trifluoroac\u00e9tico (TFA) e cont\u00e9n an\u00e1logos con pequenas modificaci\u00f3ns nos amino\u00e1cidos, alcanzando unha pureza do 90% e maior eficacia que a Gramicidina S comercial. Entre os obxectivos destacan o escalado da produci\u00f3n e extracci\u00f3n mediante m\u00e9todos sostibles, a validaci\u00f3n das propiedades antibi\u00f3ticas a escala piloto, a protecci\u00f3n da tecnolox\u00eda con patentes internacionais e a colaboraci\u00f3n coa industria e instituci\u00f3ns. O proxecto busca combater a resistencia aos antibi\u00f3ticos, promover a produci\u00f3n sostible, mellorar a sa\u00fade p\u00fablica mediante antibi\u00f3ticos m\u00e1is seguros e efectivos, reducir custos sanitarios e minimizar residuos perigosos.<\/p>\n<h3>RoadCARE<\/h3>\n<p>Outro dos proxectos seleccionado \u00e9 RoadCARE, liderado tam\u00e9n dende Cintecx por Joaqu\u00edn Mart\u00ednez e Pedro Arias, cunha axuda de 205.821\u20ac. Este Proba Concepto c\u00e9ntrase en mellorar a seguridade do mantemento das estradas, po\u00f1endo o foco nas zonas de obras, puntos negros responsables do 18% dos falecementos en construci\u00f3n. O proxecto prop\u00f3n un sistema intelixente de monitorizaci\u00f3n que integra drons, conos rob\u00f3ticos aut\u00f3nomos e an\u00e1lise de datos en tempo real para axudar a mellorar a seguridades nestas zonas. RoadCARE sup\u00f3n unha mellora respecto de sistemas anteriores ao ofrecer un enfoque colaborativo multi-punto con algoritmos avanzados e contribu\u00edr \u00e1 creaci\u00f3n de xemelgos dixitais para simulaci\u00f3ns e mantemento preditivo. Este proxecto \u00e9 a continuaci\u00f3n de RoadS2Win, unha li\u00f1a de traballo que logrou un aumento do 130% na velocidade de procesamento e un aforro enerx\u00e9tico do 13%.<\/p>\n<h3>Sense4energy<\/h3>\n<p>Outro proxecto aprobado \u00e9 Sense4energy, que busca desenvolver, validar e iniciar a transferencia dun dispositivo baseado en radar mmWave para a detecci\u00f3n an\u00f3nima de persoas, conteo e xeolocalizaci\u00f3n en espazos interiores, permitindo estimar en tempo real as cargas internas xeradas polos ocupantes (calor, humidade, CO2) e optimizar sistemas de climatizaci\u00f3n, ventilaci\u00f3n e iluminaci\u00f3n en edificios terciarios como hospitais, universidades e oficinas p\u00fablicas. A proposta, liderada tam\u00e9n dende Cintecx por Enrique Granada cunha axuda de 121.000\u20ac, xorde da necesidade identificada no proxecto previo DeepBEM, ao detectarse a falta de dispositivos precisos, econ\u00f3micos e respectuosos coa privacidade para medir a ocupaci\u00f3n espacial. Sense4energy c\u00e9ntrase no dese\u00f1o e fabricaci\u00f3n do prototipo, validaci\u00f3n en contorna real, desenvolvemento do m\u00f3dulo de estimaci\u00f3n enerx\u00e9tica, integraci\u00f3n con sistemas HVAC\/iluminaci\u00f3n, protecci\u00f3n e valorizaci\u00f3n de resultados, e definici\u00f3n da estratexia de explotaci\u00f3n. Prevese conseguir un aforro enerx\u00e9tico do 15\u201330%, reduci\u00f3n de emisi\u00f3ns, mellora do confort interior e pleno respecto ao RGPD, cun dispositivo de baixo custo (&lt;150 \u20ac\/unidade), aut\u00f3nomo en comunicaci\u00f3ns e compatible con protocolos industriais, co que se planea a s\u00faa explotaci\u00f3n mediante licenzas ou a creaci\u00f3n dunha spin-off universitaria.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Os grupos de investigaci\u00f3n validan a viabilidade t\u00e9cnica e comercial dos seus resultados<\/p>\n","protected":false},"author":10,"featured_media":263874,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_acf_changed":false,"inline_featured_image":false,"footnotes":""},"categories":[92],"tags":[],"class_list":["post-263878","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-duvi"],"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/263878","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/10"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=263878"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/263878\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":263880,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/263878\/revisions\/263880"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/263874"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=263878"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=263878"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=263878"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}