{"id":263488,"date":"2026-06-03T19:11:19","date_gmt":"2026-06-03T17:11:19","guid":{"rendered":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/?p=263488"},"modified":"2026-06-03T19:13:39","modified_gmt":"2026-06-03T17:13:39","slug":"un-artigo-do-grupo-laseron-protagoniza-a-portada-da-prestixiosa-revista-advanced-healthcare-materials","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/un-artigo-do-grupo-laseron-protagoniza-a-portada-da-prestixiosa-revista-advanced-healthcare-materials\/","title":{"rendered":"Un artigo do grupo LaserON protagoniza a portada da prestixiosa revista Advanced Healthcare Materials"},"content":{"rendered":"<p>Novo fito para o grupo LaserON. O equipo, que forma parte do centro de investigaci\u00f3n Cintecx da Universidade de Vigo e do Instituto de Investigaci\u00f3n Sanitaria Galicia Sur (IIS Galicia Sur) acaba de publicar un artigo de revisi\u00f3n na prestixiosa revista internacional Advanced Healthcare Materials, unha das cabeceiras de referencia no eido dos biomateriais e a enxe\u00f1ar\u00eda biom\u00e9dica. A investigaci\u00f3n, que foi seleccionada para ilustrar unha das portadas da revista de maio, analiza o potencial das tecnolox\u00edas l\u00e1ser para procesar e modificar vidros bioactivos, \u00e9 dicir, materiais capaces de interactuar co tecido biol\u00f3xico e favorecer a rexeneraci\u00f3n \u00f3sea e tisular.<\/p>\n<p>O traballo tit\u00falase <em>Laser-Assisted Processing and Modification of Bioactive Glasses: A Review<\/em> e a revisi\u00f3n foi coordinada por investigadores da UVigo en colaboraci\u00f3n co grupo do catedr\u00e1tico Julian Jones, do Imperial College London, un dos maiores expertos mundiais no eido dos vidros bioactivos. O artigo re\u00fane os principais avances en t\u00e9cnicas l\u00e1ser aplicadas a estes biomateriais, inclu\u00edndo fabricaci\u00f3n aditiva, recubrimentos bioactivos, texturizado superficial e produci\u00f3n de nanoestruturas.<\/p>\n<h3>Novas posibilidades<\/h3>\n<p>Os autores destacan que a combinaci\u00f3n de vidros bioactivos e tecnolox\u00eda l\u00e1ser \u201cabre novas posibilidades para o desenvolvemento de implantes personalizados, superficies biom\u00e9dicas avanzadas e dispositivos con aplicaci\u00f3ns en medicina rexenerativa\u201d. Entre as vantaxes do uso do l\u00e1ser figuran a alta precisi\u00f3n, a posibilidade de fabricar xeometr\u00edas complexas e a personalizaci\u00f3n de tratamentos e dispositivos m\u00e9dicos.<\/p>\n<p>O artigo tam\u00e9n revisa os fen\u00f3menos f\u00edsicos implicados na interacci\u00f3n entre a radiaci\u00f3n l\u00e1ser e os vidros bioactivos, as\u00ed como os retos asociados ao procesado destes materiais, como as tensi\u00f3ns t\u00e9rmicas ou a cristalizaci\u00f3n inducida por l\u00e1ser.<\/p>\n<p>A presenza do artigo na portada de Advanced Healthcare Materials sup\u00f3n un reco\u00f1ecemento internacional \u00e1 relevancia e proxecci\u00f3n desta li\u00f1a de investigaci\u00f3n desenvolvida na Universidade de Vigo. No traballo participan os investigadores Antonio Riveiro, Mario Gonz\u00e1lez-Quintas, M\u00f3nica Fern\u00e1ndez-Arias, Jes\u00fas del Val, F\u00e9lix Quintero, Rafael Comesa\u00f1a, Fernando Lusqui\u00f1os e Juan Pou, da Universidade de Vigo e do Instituto de Investigaci\u00f3n Sanitaria Galicia Sur (IIS Galicia Sur), xunto co catedr\u00e1tico Julian R. Jones, do Imperial College London.<\/p>\n<h3>Un grupo de referencia nacional e europea<\/h3>\n<p>O grupo LaserON tense consolidado como unha referencia nacional e europea no \u00e1mbito do procesado l\u00e1ser de materiais, con m\u00e1is de 30 anos de experiencia no desenvolvemento de tecnolox\u00edas avanzadas de fabricaci\u00f3n e modificaci\u00f3n superficial. Esta traxectoria sust\u00e9ntase nun equipo humano multidisciplinar altamente especializado e nunha infraestrutura cient\u00edfico-tecnol\u00f3xica singular, que incl\u00fae fontes l\u00e1ser de alta potencia e equipamentos auxiliares de referencia no contexto europeo.<\/p>\n<p>No campo dos biomateriais e, en particular, dos vidros bioactivos, LaserON ten desenvolvido soluci\u00f3ns innovadoras con aplicaci\u00f3ns biom\u00e9dicas avanzadas, entre elas a obtenci\u00f3n de ap\u00f3sitos baseados en fibras nanom\u00e9tricas de vidro bioactivo mediante unha t\u00e9cnica patentada polo grupo denominada Laser Spinning, que \u00e9 capaz de producir estruturas fibrosas orientadas \u00e1 cicatrizaci\u00f3n de feridas cr\u00f3nicas como as que adoitan darse en pacientes diab\u00e9ticos. Do mesmo xeito, o grupo traballa no desenvolvemento de procedementos para a fabricaci\u00f3n de implantes personalizados destinados \u00e1 rexeneraci\u00f3n \u00f3sea, aproveitando as posibilidades das tecnolox\u00edas l\u00e1ser para adaptar xeometr\u00edas e propiedades \u00e1s necesidades espec\u00edficas de cada paciente.<\/p>\n<p>Como destacan dende o grupo, boa parte da s\u00faa actividade investigadora foi financiada pola Xunta de Galicia a trav\u00e9s das axudas para a consolidaci\u00f3n e estruturaci\u00f3n de unidades de investigaci\u00f3n competitivas \u2013 Grupos de Referencia Competitiva.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>\u00c9 unha das publicaci\u00f3ns de referencia no eido dos biomateriais e a enxe\u00f1ar\u00eda biom\u00e9dica<\/p>\n","protected":false},"author":11,"featured_media":263485,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_acf_changed":false,"inline_featured_image":false,"footnotes":""},"categories":[92],"tags":[],"class_list":["post-263488","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-duvi"],"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/263488","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/11"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=263488"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/263488\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":263495,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/263488\/revisions\/263495"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/263485"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=263488"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=263488"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=263488"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}