{"id":263427,"date":"2026-05-28T11:18:28","date_gmt":"2026-05-28T09:18:28","guid":{"rendered":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/?p=263427"},"modified":"2026-05-28T11:18:28","modified_gmt":"2026-05-28T09:18:28","slug":"cintecx-valida-no-hospital-alvaro-cunqueiro-unha-tecnoloxia-pioneira-para-medir-a-calidade-do-aire-en-tempo-real","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/cintecx-valida-no-hospital-alvaro-cunqueiro-unha-tecnoloxia-pioneira-para-medir-a-calidade-do-aire-en-tempo-real\/","title":{"rendered":"Cintecx valida no Hospital \u00c1lvaro Cunqueiro unha tecnolox\u00eda pioneira para medir a calidade do aire en tempo real"},"content":{"rendered":"<p>O Hospital \u00c1lvaro Cunqueiro de Vigo converteuse no escenario de proba e validaci\u00f3n dunha innovadora tecnolox\u00eda desenvolvida polo Grupo de Tecnolox\u00eda Enerx\u00e9tica do Cintecx, o Centro de Investigaci\u00f3n en Tecnolox\u00edas, Enerx\u00eda e Procesos Industriais da Universidade de Vigo, para monitorizar a calidade do aire interior en tempo real. Os primeiros resultados do proxecto piloto confirman o bo funcionamento do sistema nunha contorna altamente esixente e reforzan o papel do centro hospitalario como referente na implantaci\u00f3n de proxectos de innovaci\u00f3n. <\/p>\n<p>Financiado a trav\u00e9s do programa Ignicia da Xunta de Galicia con 390.000 euros e realizado en colaboraci\u00f3n coa \u00e1rea Sanitaria de Vigo, S.C. Novo Hospital de Vigo e Veolia, o proxecto  p\u00faxose en marcha co obxectivo de dese\u00f1ar novas tecnolox\u00edas que axuden a transformar datos ambientais en informaci\u00f3n \u00fatil para mellorar a xesti\u00f3n dos edificios e o confort das persoas.<\/p>\n<h3>Resultados s\u00f3lidos nunha contorna especialmente esixente <\/h3>\n<p>A experiencia piloto levouse a cabo na sala de espera de Consultas Externas do hospital, onde se despregaron preto de 40 dispositivos capaces de recoller datos cada cinco minutos en m\u00e1is de 80 puntos de control. Esta rede permitiu obter unha imaxe precisa do comportamento ambiental do espazo. <\/p>\n<p>Os datos recollidos ata este mesmo mes de abril amosan un funcionamento estable e coherente cos par\u00e1metros de calidade do aire e est\u00e1ndares dun hospital de vangarda. As temperaturas medias situ\u00e1ronse en 23,5 \u00b0C en xaneiro e 24,0 \u00b0C en xullo, mentres que a humidade relativa alcanzou o 46,9% e o 60,9%, respectivamente. En canto \u00e1 calidade do aire, os niveis medios de di\u00f3xido de carbono mantiv\u00e9ronse en 618 ppm no inverno e 630 ppm no ver\u00e1n, valores que indican unha ventilaci\u00f3n e calidade do aire \u00f3ptima. <\/p>\n<p>M\u00e1is al\u00f3 destas cifras, o sistema permitiu identificar oportunidades de mellora en aspectos como a homoxeneidade t\u00e9rmica ou o control da humidade, demostrando a s\u00faa utilidade non s\u00f3 para detectar problemas, sen\u00f3n tam\u00e9n para optimizar instalaci\u00f3ns que xa funcionan correctamente. <\/p>\n<h3>O Cunqueiro, unha contorna clave para validar innovaci\u00f3n <\/h3>\n<p>Un dos elementos m\u00e1is relevantes do proxecto \u00e9 o propio contexto no que se est\u00e1 desenvolvendo. \u201cO Hospital \u00c1lvaro Cunqueiro non \u00e9 unha contorna calquera: tr\u00e1tase dunha infraestrutura con altos est\u00e1ndares en ventilaci\u00f3n e climatizaci\u00f3n, o que converte este piloto nunha proba especialmente esixente\u201d, explica o catedr\u00e1tico Enrique Granada, l\u00edder do proxecto.<\/p>\n<p>Validar unha tecnolox\u00eda nun edificio que xa funciona correctamente sup\u00f3n un reto maior que facelo en espazos con deficiencias evidentes. Neste caso, o obxectivo non \u00e9 corrixir fallos b\u00e1sicos, sen\u00f3n demostrar que \u00e9 posible achegar unha an\u00e1lise m\u00e1is precisa, capacidade preditiva e novas ferramentas de xesti\u00f3n mesmo en instalaci\u00f3ns avanzadas. <\/p>\n<p>Neste sentido, os resultados obtidos reforzan tanto a solidez t\u00e9cnica da soluci\u00f3n como a capacidade do hospital para participar activamente en proxectos de innovaci\u00f3n aplicada, as\u00ed como a disposici\u00f3n do Servizo Galego de Sa\u00fade a colaborar en iniciativas que buscan mellorar a calidade das contornas asistenciais. <\/p>\n<h3>Cara a edificios m\u00e1is intelixentes e saudables<\/h3>\n<p>Xunto a Enrique Granada completan o equipo de traballo, o tam\u00e9n catedr\u00e1tico Pablo Egu\u00eda Oller e o emprendedor Miguel Gonz\u00e1lez Maquieira, cofundador de diferentes proxectos tecnol\u00f3xicos. Con esta nova tecnolox\u00eda po\u00f1en sobre a mesa unha nova xeraci\u00f3n de sensores aut\u00f3nomos de baixo custo con algoritmos avanzados capaces de analizar a evoluci\u00f3n espacial e temporal de variables como a temperatura, a humidade ou o CO2. \u201cTr\u00e1tase de avanzar cara a unha nova xeraci\u00f3n de sistemas que non s\u00f3 midan, sen\u00f3n que axuden a tomar decisi\u00f3ns\u201d, recalca o responsable do proxecto.<\/p>\n<p>Con esta validaci\u00f3n, a Universidade de Vigo d\u00e1 un paso importante cara \u00e1 transferencia ao mercado desta soluci\u00f3n, con potencial aplicaci\u00f3n en hospitais, centros de traballo, edificios p\u00fablicos ou espazos comerciais. A ambici\u00f3n do proxecto \u00e9 clara: converter a calidade do aire interior nun indicador xestionable en tempo real, con impacto directo no benestar das persoas, o rendemento dos traballadores e a eficiencia dos edificios.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A soluci\u00f3n, financiada polo programa Ignicia, combina sensores de baixo custo e algoritmos avanzados<\/p>\n","protected":false},"author":11,"featured_media":263425,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_acf_changed":false,"inline_featured_image":false,"footnotes":""},"categories":[92],"tags":[],"class_list":["post-263427","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-duvi"],"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/263427","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/11"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=263427"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/263427\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":263438,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/263427\/revisions\/263438"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/263425"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=263427"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=263427"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=263427"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}