{"id":260041,"date":"2025-12-09T14:29:16","date_gmt":"2025-12-09T13:29:16","guid":{"rendered":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/patricia-gonzalez-investigadora-de-cintecx-gana-la-primera-edicion-de-gargallada-cientifica-de-la-uvigo\/"},"modified":"2025-12-09T14:37:47","modified_gmt":"2025-12-09T13:37:47","slug":"patricia-gonzalez-investigadora-de-cintecx-gana-la-primera-edicion-de-gargallada-cientifica-de-la-uvigo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/patricia-gonzalez-investigadora-de-cintecx-gana-la-primera-edicion-de-gargallada-cientifica-de-la-uvigo\/","title":{"rendered":"Patricia Gonz\u00e1lez, investigadora de CINTECX, ga\u00f1a a primeira edici\u00f3n de Gargallada Cient\u00edfica da UVigo"},"content":{"rendered":"<section class=\"author-section text-uppercase text-grey\">DUVI\u00a0<span class=\"last\">\u00a005\/12\/2025<\/span><\/section>\n<div class=\"field field--name-field-uv-body field--type-entity-reference-revisions field--label-hidden field--items\">\n<div class=\"field--item\">\n<div class=\"field field--name-field-pg-text field--type-text-long field--label-hidden field--item\">\n<p>Empregar o humor sen renunciar ao rigor, e facelo en galego. Esta \u00e9 a filosof\u00eda que impulsa Gargallada Cient\u00edfica, o concurso de mon\u00f3logos cient\u00edficos da Universidade de Vigo, \u00a0iniciativa que que acaba de coroar a Patricia Gonz\u00e1lez Cabaleiro, investigadora predoutoral no grupo de Xeotecnolox\u00edas Aplicadas, GeoTech, do Cintecx, Centro de Investigaci\u00f3n en Tecnolox\u00edas, Enerx\u00eda e Procesos Industriais, \u00a0da UVigo, como ga\u00f1adora da s\u00faa primeira edici\u00f3n coa proposta\u00a0<a href=\"https:\/\/www.youtube.com\/watch?v=j4c1Sn5RZ40\"><em>Poder\u00eda dicir que son<\/em><\/a>.<\/p>\n<p>O xurado, integrado por Andrea Muras Mora, Lu\u00eds Pena Morandeira e Ana Costa Montes, subli\u00f1ou no seu fallo \u201ca capacidade de Patricia para fusionar contido cient\u00edfico rigoroso cunha retranca galega moi caracter\u00edstica nun v\u00eddeo cun gui\u00f3n orixinal e cheo de met\u00e1foras divertidas, acompa\u00f1ado dunha coidada calidade t\u00e9cnica e dunha interpretaci\u00f3n especialmente salientable\u201d.<\/p>\n<p>En total present\u00e1ronse ao certame seis traballos que poden visualizarse a trav\u00e9s da canle de<a href=\"https:\/\/www.youtube.com\/playlist?list=PLcuPBBxgTcSa1803PyPcQT1dRo-sQes0E\">\u00a0Youtube\u00a0<\/a>da Unidade de Cultura Cient\u00edfica e da Innovaci\u00f3n da UVigo. Realizados polos investigadores Mario Soil\u00e1n Rodr\u00edguez, Lorenzo Antonio Justo Cousi\u00f1o, Fernando \u00c1lvarez \u00c1lvarez, Celestino Quintela Sabar\u00eds e Wendy Fern\u00e1ndez Puj\u00f3, a decisi\u00f3n final do xurado foi \u201cespecialmente complicada\u201d pola alta calidade das propostas presentadas, das que destacaron \u201cunha clara vontade divulgativa acompa\u00f1ada de recursos humor\u00edsticos variados e a capacidade de conectar cun p\u00fablico amplo\u201d.<\/p>\n<h3>Comedia e ciencia en directo no caf\u00e9 Vitruvia o xoves<\/h3>\n<p>Como recollen as bases, o premio consiste nun kit audiovisual valorado en 600 euros, pensado para seguir estimulando na premiada a creaci\u00f3n de novos contidos divulgativos. A maiores, e como colof\u00f3n do concurso, o vindeiro xoves, entre as 18.30 e as 20.00 h, a autora participar\u00e1 nunha sesi\u00f3n de \u2018solo\u2019 de ciencia no Vitruvia Caf\u00e9 de Vigo, unha sesi\u00f3n na que ter\u00e1 a oportunidade de p\u00f3r en pr\u00e1ctica as s\u00faas capacidades como monologuista fronte ao p\u00fablico e na que compartir\u00e1 escenario coas cient\u00edficas e divulgadoras \u00c1ngela Arnosa Prieto e Andrea Muras Mora, as\u00ed como co actor e director de teatro Quico Cadaval, como convidado especial.<\/p>\n<p>\u00c1ngela Arnosa Prieto \u00e9 qu\u00edmica e doutora en Ciencia de Materiais, cunha ampla traxectoria en iniciativas de divulgaci\u00f3n cient\u00edfica. Como monologuista, participou na primeira edici\u00f3n do Ciencia Calidade, o primeiro concurso de mon\u00f3logos cient\u00edficos en galego, e foi finalista nacional no certame iberoamericano de mon\u00f3logos cient\u00edficos Solo de Ciencia. Nesta ocasi\u00f3n interpretar\u00e1 o mon\u00f3logo Nanopart\u00edculas para flipar en cores, co que amosar\u00e1 como materiais tan com\u00fans como o ouro ou a prata poden mudar de cor e comportamento cando se reducen a escala nano.<\/p>\n<p>Pola s\u00faa banda, a microbi\u00f3loga Andrea Muras Mora, finalista en FameLab Espa\u00f1a e autora do libro La Guerra contra las Superbacterias, falar\u00e1 en As bacterias da mi\u00f1a boca do complexo ecosistema microbiano que habita as nosas cavidades bucais e de como se organizan estes microorganismos para dar lugar \u00e1 placa dental.<\/p>\n<p>O cartel compl\u00e9tase coa presenza de Quico Cadaval, unha figura esencial do teatro e do humor en Galicia, que en Eureka empregar\u00e1 o seu particular estilo narrativo para explorar a cara m\u00e1is sorprendente e c\u00f3mica das grandes ideas cient\u00edficas.<\/p>\n<p>A actividade \u00e9 gratu\u00edta pero require\u00a0<a href=\"https:\/\/www.eventbrite.es\/e\/entradas-solo-de-ciencia-1974716477141?aff=oddtdtcreator\">inscrici\u00f3n previa<\/a>\u00a0e as prazas son limitadas ata completar a capacidade da sala, polo que se recomenda reservar con antelaci\u00f3n.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<\/div>\n<\/div>\n<\/div>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O vindeiro xoves participar\u00e1 no caf\u00e9 Vitruvia nunha gala final con Quico Cadaval e m\u00e1is divulgadoras<\/p>\n","protected":false},"author":10,"featured_media":260037,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"inline_featured_image":false,"footnotes":""},"categories":[92],"tags":[],"class_list":["post-260041","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-duvi"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/260041","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/10"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=260041"}],"version-history":[{"count":4,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/260041\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":260050,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/260041\/revisions\/260050"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/260037"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=260041"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=260041"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=260041"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}