{"id":259125,"date":"2025-09-04T14:28:34","date_gmt":"2025-09-04T12:28:34","guid":{"rendered":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/especialistas-de-cintecx-y-la-politecnica-de-valencia-descubren-los-mecanismos-ocultos-que-evitan-que-los-puentes-se-derrumben-ante-eventos-catastroficos\/"},"modified":"2025-09-04T14:48:10","modified_gmt":"2025-09-04T12:48:10","slug":"especialistas-de-cintecx-y-la-politecnica-de-valencia-descubren-los-mecanismos-ocultos-que-evitan-que-los-puentes-se-derrumben-ante-eventos-catastroficos","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/especialistas-de-cintecx-y-la-politecnica-de-valencia-descubren-los-mecanismos-ocultos-que-evitan-que-los-puentes-se-derrumben-ante-eventos-catastroficos\/","title":{"rendered":"Especialistas de CINTECX e da Polit\u00e8cnica de Val\u00e8ncia descobren os mecanismos ocultos que evitan que as pontes se derruben ante eventos catastr\u00f3ficos"},"content":{"rendered":"<section class=\"author-section text-uppercase text-grey\">DUVI\u00a0<span class=\"last\">\u00a003\/09\/2025<\/span><\/section>\n<div class=\"field field--name-field-uv-body field--type-entity-reference-revisions field--label-hidden field--items\">\n<div class=\"field--item\">\n<div class=\"field field--name-field-pg-text field--type-text-long field--label-hidden field--item\">\n<p>Un equipo do Centro de Investigaci\u00f3n en Tecnolox\u00edas, Enerx\u00eda e Procesos Industriais da Universidade de Vigo, CINTECX e da Universitat Polit\u00e8cnica de Val\u00e8ncia (UPV) acaba de publicar en <em><a href=\"https:\/\/www.nature.com\/articles\/s41586-025-09300-8\">Nature<\/a>\u00a0<\/em>os resultados dun estudo no que descubriron por que as pontes -en concreto, as de celos\u00eda de aceiro- non se derruban cando se ven afectadas por un evento catastr\u00f3fico, xa sexa un impacto, un terremoto etc, chegando \u00e1 conclusi\u00f3n de que o seu comportamento garda similitude co das teas de ara\u00f1a, demostrando as\u00ed que, ao igual ca elas se adaptan e seguen atrapando presas despois de sufrir danos, as pontes de aceiro son quen de resitir a este tipo de eventos sen derrubarse.<\/p>\n<p>\u201cDemostramos que, do mesmo xeito que as teas de ara\u00f1a son capaces de adaptarse e seguir atrapando presas despois de sufrir danos, as pontes de celos\u00eda de aceiro danadas a\u00ednda poden ser capaces de resistir cargas mesmo maiores \u00e1s que soportan en condici\u00f3ns normais de uso e non derrubarse\u201d, destaca Jos\u00e9 M. Adam, investigador do Instituto ICITECH da Universitat Polit\u00e8cnica de Val\u00e8ncia, e coordinador do proxecto Pont3, financiado polo Ministerio de Ciencia, Innovaci\u00f3n e Universidades, onde se integra o traballo levado a cabo.<\/p>\n<p>As pontes son elementos cr\u00edticos das redes de transporte, e o seu colapso -ou derrube- pode ter consecuencias moi graves, inclu\u00edndo v\u00edtimas mortais e perdas econ\u00f3micas que poden alcanzar mill\u00f3ns de euros por cada d\u00eda de peche. \u201cAdemais, ante eventos naturais cada vez m\u00e1is intensos e impredicibles, e os cambios ambientais que est\u00e1n a acelerar a deterioraci\u00f3n das pontes, \u00e9 fundamental garantir que estas estruturas non colapsen ante un fallo local e neste sentido foi no que avanzamos no noso estudo\u201d, engade Bel\u00e9n Riveiro, investigadora de CINTECX, e responsable do subproxecto de Pont3 na Universidade de Vigo.<\/p>\n<h3>Uns si, outros non<\/h3>\n<p>Ata o de agora non estaba claro por que fallos iniciais de certos elementos se propagan de forma \u201cdesproporcionada\u201d nalg\u00fans casos, mentres que noutros apenas afectan \u00e1 funcionalidade da ponte.<\/p>\n<p>No seu traballo, os investigadores e investigadoras da Universidade de Vigo e Polit\u00e8cnica de Val\u00e8ncia descubriron e caracterizaron os mecanismos secundarios que permiten a estas pontes ser m\u00e1is resistentes -desenvolven unha resistencia latente- e non colapsar. \u201cGrazas a iso, somos capaces de entender como poden seguir soportando cargas despois do fallo inicial dalg\u00fan elemento\u201d, engade Carlos L\u00e1zaro, investigador principal do subproxecto de Pont3 da UPV.<\/p>\n<h3>Imitar e aprender da natureza: dos lagartos \u00e1s teas de ara\u00f1a<\/h3>\n<p>O traballo do equipo da UVigo e da UPV achega novas claves para o dese\u00f1o de pontes m\u00e1is seguras e resilientes ante eventos extremos, e contrib\u00fae a mellorar as estratexias de monitorizaci\u00f3n, avaliaci\u00f3n e reforzo de pontes xa existentes. Ademais, as s\u00faas conclusi\u00f3ns poden axudar a definir novos requisitos de robustez para pontes de celos\u00eda de aceiro.<\/p>\n<p>\u201cTodo iso cun obxectivo fundamental: mellorar a seguridade destas infraestruturas, tan importantes e estendidas nas redes de transporte. E a clave est\u00e1, de novo, na natureza; o ano pasado descubrimos como lograr que os edificios non colapsen ante un evento extremo, imitando para iso aos lagartos. Nesta ocasi\u00f3n aprendemos das teas de ara\u00f1a, cuxo comportamento garda similitudes co das pontes de celos\u00eda de aceiro. Isto demostr\u00e1molo ao comparar o noso traballo con outro publicado en Nature en 2012, precisamente sobre teas de ara\u00f1a\u201d, concl\u00fae Jos\u00e9 M. Adam.<\/p>\n<\/div>\n<\/div>\n<\/div>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&#8220;Demostraron que o comportamento destas estruturas \u00e9 similar o das teas de ara\u00f1a&#8221;. O estudo, publicado en Nature, achega novas claves para conseguir pontes m\u00e1is seguras. <\/p>\n","protected":false},"author":10,"featured_media":259122,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"inline_featured_image":false,"footnotes":""},"categories":[92],"tags":[],"class_list":["post-259125","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-duvi"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/259125","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/10"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=259125"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/259125\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":259127,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/259125\/revisions\/259127"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/259122"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=259125"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=259125"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=259125"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}