{"id":258904,"date":"2025-07-01T13:54:55","date_gmt":"2025-07-01T11:54:55","guid":{"rendered":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/?p=258904"},"modified":"2025-07-01T13:54:55","modified_gmt":"2025-07-01T11:54:55","slug":"investigadores-de-cintecx-buscan-incrementar-a-vida-util-de-estruturas-de-formigon-reforzadas-con-aceiros-de-memoria-de-forma","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/investigadores-de-cintecx-buscan-incrementar-a-vida-util-de-estruturas-de-formigon-reforzadas-con-aceiros-de-memoria-de-forma\/","title":{"rendered":"Investigadores de CINTECX buscan incrementar a vida \u00fatil de estruturas de formig\u00f3n reforzadas con aceiros de memoria de forma"},"content":{"rendered":"<section class=\"author-section text-uppercase text-grey\">DUVI\u00a0<span class=\"last\">\u00a030\/06\/2025<\/span><\/section>\n<div class=\"field field--name-field-uv-body field--type-entity-reference-revisions field--label-hidden field--items\">\n<div class=\"field--item\">\n<div class=\"field field--name-field-pg-text field--type-text-long field--label-hidden field--item\">\n<p>Investigadores do\u00a0<a href=\"http:\/\/encomat.uvigo.es\/es\">grupo Encomat\u00a0<\/a>e do grupo e-Materiais da Universidade de Vigo levan varios meses traballando de maneira conxunta para buscar o xeito de incrementar a vida \u00fatil de estruturas de formig\u00f3n reforzadas con aceiros de memoria de forma. A s\u00faa proposta \u00e9 a aplicaci\u00f3n de pel\u00edculas intelixentes autorreparadoras ou\u00a0<em>smart coatings<\/em>, cuxa viavilidade est\u00e1n a estudar no marco do proxecto SmartCoDur, seleccionado dentro do Plan Estatal de Investigaci\u00f3n Cient\u00edfica, T\u00e9cnica e de Innovaci\u00f3n (2021-2023).<\/p>\n<p>O proxecto botou a andar no mes de setembro e conta cun orzamento de 172.500\u20ac para desenvolvelo ata agosto de 2027. Os dous investigadores principais son Carmen P\u00e9rez P\u00e9rez e Antonio Collazo Fern\u00e1ndez, do grupo Encomat e do\u00a0<a href=\"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/\">Cintecx<\/a>, e xunto con eles est\u00e1n involucrados no proxecto Ra\u00fal Figueroa Mart\u00ednez, Beatriz Guiti\u00e1n Saco e David \u00c1lvarez Gonz\u00e1lez, do grupo e-Materiais, ademais de colaboradores da Universidade de Aveiro ou da Asociaci\u00f3n Galega de Corrosi\u00f3n e Protecci\u00f3n.<\/p>\n<h3>Como funcionan os aceiros con memoria de forma?<\/h3>\n<p>Carmen P\u00e9rez explica que o obxectivo xeral deste proxecto \u00e9 incrementar a durabilidade de estruturas de formig\u00f3n reforzadas con aceiros con memoria de forma. Estes aceiros, co\u00f1ecidos como Fe-SMA, explica a catedr\u00e1tica Carmen P\u00e9rez, \u201cconstit\u00faen un grupo de materiais novidosos con interesantes aplicaci\u00f3ns en enxe\u00f1ar\u00eda civil, especialmente aquelas destinadas a reforzar estruturas cr\u00edticas\u201d. O seu mecanismo de actuaci\u00f3n basease en \u201cproducir unha transformaci\u00f3n de fases no aceiro que implica a s\u00faa contracci\u00f3n. Cando esta contracci\u00f3n est\u00e1 restrinxida, por exemplo, no caso de que o aceiro se encontre embebido en formig\u00f3n endurecido, o formig\u00f3n impide a deformaci\u00f3n do material xer\u00e1ndose tensi\u00f3ns de compresi\u00f3n que melloran o comportamento resistente da estrutura\u201d.<\/p>\n<h3>Protexer os aceiros con memoria de forma da corrosi\u00f3n<\/h3>\n<p>As vantaxes de empregar estes aceiros de memoria de forma son m\u00faltiples, pero pola contra presentan una resistencia \u00e1 corrosi\u00f3n moderada, resultando moi sensibles \u00e1 acci\u00f3n dos cloruros, presentes por exemplo nas sales de desxeo. \u00c9 neste punto no que traballa o proxecto SmartCoDur, que trata de buscar m\u00e9todos que protexan estes aceiros da corrosi\u00f3n, \u201cque comporta importantes danos \u00e1s estruturas e chega a po\u00f1er en risco a propia integridade estrutural\u201d. A proposta do equipo cient\u00edfico da UVigo para incrementar a s\u00faa durabilidade, e polo tanto a vida en servizo da estrutura, \u00e9 o emprego de recubrimentos, \u201cunha das estratexias m\u00e1is prometedoras\u201d.<\/p>\n<p>En concreto, o enfoque proposto bas\u00e9ase no desenvolvemento de novos recubrimentos intelixentes amigables co medio ambiente, que poidan autorreparar a pel\u00edcula danada (\u201cself-healing\u201d) de forma aut\u00f3noma. \u201cDesta forma garantir\u00edase unha maior vida en servizo da estrutura, o que comporta importantes aforros econ\u00f3micos e operaci\u00f3ns de mantemento\u201d, detallan.<\/p>\n<\/div>\n<\/div>\n<\/div>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Mediante a aplicaci\u00f3n de pel\u00edculas intelixentes ou &#8216;smart coatings&#8217; coa colaboraci\u00f3n do grupo da UVigo e-Materiais<\/p>\n","protected":false},"author":10,"featured_media":258902,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_acf_changed":false,"inline_featured_image":false,"footnotes":""},"categories":[92],"tags":[],"class_list":["post-258904","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-duvi"],"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/258904","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/10"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=258904"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/258904\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":258905,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/258904\/revisions\/258905"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/258902"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=258904"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=258904"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=258904"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}