{"id":258825,"date":"2025-06-24T12:10:05","date_gmt":"2025-06-24T10:10:05","guid":{"rendered":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/?p=258825"},"modified":"2025-06-24T12:13:06","modified_gmt":"2025-06-24T10:13:06","slug":"cintecx-celebra-o-dia-internacional-da-muller-na-enxenaria-reclamando-solucions-a-fenda-de-xenero-neste-secto","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/cintecx-celebra-o-dia-internacional-da-muller-na-enxenaria-reclamando-solucions-a-fenda-de-xenero-neste-secto\/","title":{"rendered":"Cintecx celebra o D\u00eda Internacional da Muller na Enxe\u00f1ar\u00eda reclamando solucions \u00e1 fenda de x\u00e9nero neste sector"},"content":{"rendered":"<p>Coincidindo co 23 de xu\u00f1o, D\u00eda Internacional da Muller na Enxe\u00f1ar\u00eda, o Centro de Investigaci\u00f3n en Tecnolox\u00edas, Enerx\u00eda e Procesos Industriais, Cintecx, da Universidade de Vigo celebrou este luns a xornada \u2018Por que faltan mulleres na enxe\u00f1ar\u00eda?\u2019, un encontro que reuniu a expertas e expertos do \u00e1mbito acad\u00e9mico, industrial e da igualdade para analizar as causas e posibles soluci\u00f3ns \u00e1 escasa presenza feminina neste eido profesional.<\/p>\n<p>Entre as principais conclusi\u00f3ns salientouse a necesidade de actuar desde etapas temper\u00e1s para traballar nas diferenzas de percepci\u00f3n das capacidades entre nenos e nenas \u2014especialmente en disciplinas como as matem\u00e1ticas e as ciencias\u2014; de p\u00f3r o foco nos homes, para que se impliquen activamente no cambio asumindo a s\u00faa responsabilidade na transformaci\u00f3n cultural; e en traballar unha comunicaci\u00f3n efectiva, empregando canles como as redes sociais para lanzar mensaxes claras, directas e con referentes pr\u00f3ximos que acheguen a enxe\u00f1ar\u00eda \u00e1s mozas.<\/p>\n<p>As\u00ed mesmo, un dos temas que xerou maior preocupaci\u00f3n foi a necesidade de combater a resistencia ao cambio, identificando as reticencias actuais \u00e1s pol\u00edticas de igualdade e traballando para que non se revertan os avances acadados.<\/p>\n<h3>Elas consid\u00e9ranse menos brillantes ca eles desde os seis anos<\/h3>\n<p>A apertura da xornada correu a cargo da directora de centro, a catedr\u00e1tica \u00c1ngeles Sanrom\u00e1n, quen salientou a importancia de abrir espazos de di\u00e1logo que impulsen o cambio cara a unha enxe\u00f1ar\u00eda m\u00e1is inclusiva.<\/p>\n<p>Tras ela, a primeira en intervir foi Marta Macho Stadler, profesora na Universidade do Pa\u00eds Vasco e reco\u00f1ecida divulgadora cient\u00edfica, quen participou de forma telem\u00e1tica coa charla \u2018Mulleres na Enxe\u00f1ar\u00eda, misi\u00f3n imposible?\u2019 , na que abordou os estereotipos de x\u00e9nero que a\u00ednda persisten no \u00e1mbito cient\u00edfico-t\u00e9cnico e como estes infl\u00faen na elecci\u00f3n de estudos e carreiras profesionais. Segundo foi explicando, no caso da matr\u00edcula en carreiras de enxe\u00f1ar\u00eda industrial, apenas houbo avances significativos, permanecendo estancada a presenza de mulleres. As\u00ed mesmo, advertiu de que as nenas comezan a considerarse menos brillantes ca os nenos desde os seis anos, o que condiciona as s\u00faas decisi\u00f3ns acad\u00e9micas, segundo un estudo publicado recentemente en Nature.<\/p>\n<p>Redes sociais como \u2018alidadas\u2019 para achegar a enxe\u00f1ar\u00eda \u00e1s mozas<br \/>\nA continuaci\u00f3n, Marta Fern\u00e1ndez Docampo, xestora de proxectos \u00a0en Gestamp Vigo e representante do Ilustre Colexio Oficial de Enxe\u00f1eiros Industriais de Galicia (ICOIIG), participou na charla coa ponencia \u2018Destino ambicioso, pasos firmes: a folla de ruta cara ao cambio\u2019, na que compartiu a s\u00faa experiencia persoal nun sector altamente masculinizado. Ao longo da s\u00faa traxectoria, relatou, tivo que demostrar constantemente a s\u00faa val\u00eda t\u00e9cnica, algo que aos seus compa\u00f1eiros homes se lles presup\u00f3n. Fern\u00e1ndez insistiu na importancia de empregar canles como as redes sociais para achegar a enxe\u00f1ar\u00eda \u00e1s mozas, con mensaxes directas e referentes pr\u00f3ximos.<\/p>\n<h3>Importancia de intervir desde idades temper\u00e1s<\/h3>\n<p>A mesa redonda posterior, moderada por Mariola Norte Navarro, t\u00e9cnica de comunicaci\u00f3n e enlace de igualdade do Cintecx, reuniu voces diversas. Eduardo Su\u00e1rez Porto, investigador en Cintecx, destacou datos de diversos estudos que reflicten como as mulleres adoitan necesitar m\u00e1is informaci\u00f3n e validaci\u00f3n externa para decidirse por carreiras t\u00e9cnicas, e que perciben a enxe\u00f1ar\u00eda como especialmente dif\u00edcil. Tam\u00e9n alertou sobre unha crecente resistencia \u00e1s pol\u00edticas de igualdade.<\/p>\n<p>Pola s\u00faa banda, Yolanda Rodr\u00edguez Castro, directora da Unidade de Igualdade da UVigo, insistiu en que as diferenzas de x\u00e9nero imp\u00f3\u00f1ense desde o nacemento, polo que \u00e9 fundamental intervir desde idades temper\u00e1s. Nesta li\u00f1a, Marta Macho propuxo un cambio de enfoque. \u201c\u00c9 importante deixar de dicirlles \u00e1s rapazas o que te\u00f1en que facer e centrarse nos rapaces, porque o cambio tam\u00e9n est\u00e1 neles\u201d. As\u00ed mesmo, Marta Fern\u00e1ndez salientou a importancia de non permitir retrocesos nos avances acadados e de facilitar que se escoite a voz das mulleres. \u00c1ngeles Sanrom\u00e1n pechou a mesa po\u00f1endo de manifesto a necesidade de transformar a sociedade desde a base, comezando por un reparto equitativo das tarefas no \u00e1mbito familiar.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Salientouse a necesidade de actuar desde etapas temper\u00e1s e de p\u00f3r o foco nos homes<\/p>\n","protected":false},"author":10,"featured_media":258820,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"inline_featured_image":false,"footnotes":""},"categories":[92],"tags":[],"class_list":["post-258825","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-duvi"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/258825","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/10"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=258825"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/258825\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":258827,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/258825\/revisions\/258827"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/258820"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=258825"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=258825"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=258825"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}