{"id":258479,"date":"2025-05-27T13:34:25","date_gmt":"2025-05-27T11:34:25","guid":{"rendered":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/cintecx-leva-un-ano-mais-a-sua-ciencia-a-feira-cientifica-a-ciencia-que-ven-ten-nome-de-muller\/"},"modified":"2025-05-27T13:38:05","modified_gmt":"2025-05-27T11:38:05","slug":"cintecx-leva-un-ano-mais-a-sua-ciencia-a-feira-cientifica-a-ciencia-que-ven-ten-nome-de-muller","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/cintecx-leva-un-ano-mais-a-sua-ciencia-a-feira-cientifica-a-ciencia-que-ven-ten-nome-de-muller\/","title":{"rendered":"CINTECX leva un ano m\u00e1is a s\u00faa ciencia \u00e1 feira cient\u00edfica \u2018A ciencia que v\u00e9n ten nome de muller\u2019"},"content":{"rendered":"<section class=\"author-section text-uppercase text-grey\">DUVI Pontevedra\u00a0<span class=\"last\">\u00a023\/05\/2025<\/span><\/section>\n<div class=\"field field--name-field-uv-body field--type-entity-reference-revisions field--label-hidden field--items\">\n<div class=\"field--item\">\n<div class=\"field field--name-field-pg-text field--type-text-long field--label-hidden field--item\">\n<p>A comarca do Deza ser\u00e1 o escenario da cuarta edici\u00f3n da expo-feira cient\u00edfica \u2018A ciencia que v\u00e9n ten nome de muller\u2019, que ter\u00e1 lugar o vindeiro venres 30 de maio en Lal\u00edn. Por primeira vez, a feira celebrarase f\u00f3ra das cidades nas que se asentan os campus da Universidade de Vigo, co obxectivo de descentralizar a divulgaci\u00f3n cient\u00edfica e contribu\u00edr ao impulso do desenvolvemento local. Con m\u00e1is de 20 actividades interactivas, a feira busca espertar a curiosidade cient\u00edfica e fomentar as vocaci\u00f3ns STEM entre as crianzas e a mocidade, sen perder de vista o p\u00fablico xeral. A trav\u00e9s de obradoiros, experimentos, charlas, arte e espect\u00e1culos, a xornada convida a descubrir que a ciencia tam\u00e9n se fai f\u00f3ra dos laboratorio e est\u00e1 presente na vida diaria, ao tempo que pretende achegar referentes femininos no \u00e1mbito investigador, visibilizando o traballo das cient\u00edficas da UVigo.<\/p>\n<p>Con diferentes actividades ao longo da xornada, a feira ter\u00e1 nesta ocasi\u00f3n como sede o interior e o exterior do edificio sociocultural da r\u00faa Manuel Rivero, que este venres acoll\u00eda a presentaci\u00f3n deste evento, na que participaron o alcalde de Lal\u00edn, Jos\u00e9 Crespo; as vicerreitoras de Investigaci\u00f3n e Transferencia, Bel\u00e9n Rubio; e de Comunicaci\u00f3n e Relaci\u00f3ns Institucionais, M\u00f3nica Valderrama; a deputada provincial de Igualdade, Sandra Bastos, e a concelleira de Igualdade, Carmen Canda.<\/p>\n<h3>Espertar vocaci\u00f3ns levando a ciencia a r\u00faa<\/h3>\n<p>Organizada pola Unidade de Cultura Cient\u00edfica e da Innovaci\u00f3n (UCC+I) da Universidade, dentro do programa anual de actividades \u2018Ciencia de Ida e Volta\u2019, esta feira conta co financiamento da Fundaci\u00f3n Espa\u00f1ola para la Ciencia y la Tecnolog\u00eda (FECYT) \u2013 Ministerio de Ciencia, Innovaci\u00f3n y Universidades e da Deputaci\u00f3n de Pontevedra, as\u00ed como coa colaboraci\u00f3n do Concello, lembrou Rubio, quen destacou que o seu obxectivo \u00e9 achegar \u201co traballo que facemos na Universidade a toda a cidadan\u00eda e, en particular, aos nenos e nenas\u201d. Con esa idea, tras tres edici\u00f3ns en Vigo e Pontevedra e que foron \u201cun \u00e9xito\u201d en termos de participaci\u00f3n, neste 2025 avogouse por \u201cchegar a zonas m\u00e1is afastadas dos campus\u201d, neste obxectivo, sinalou Rubio, de \u201cespallar o noso co\u00f1ecemento eespertar vocaci\u00f3ns cient\u00edficas\u201d entre a mocidade e, nomeadamente, entre as nenas.<\/p>\n<p>Nesa mesma li\u00f1a, Valderrama salientou a importancia de outorgar \u201cvisibilidade \u00e1 figura da muller cient\u00edfica\u201d, a trav\u00e9s dun evento que permite un contacto directo coas investigadoras, contribu\u00edndo a \u201cese labor fermoso de sacar a ciencia \u00e1s r\u00faas, cunha linguaxe moi pr\u00f3xima\u201d. Jos\u00e9 Crespo, pola s\u00faa banda, puxo de relevo a importancia de levar \u201cesta iniciativa f\u00f3ra das cidades\u201d, convertendo Lal\u00edn \u201cna capital cient\u00edfica galega o d\u00eda 30\u201d, aspecto no que tam\u00e9n incidiu Bastos, quen destacou que celebrar este evento en Lal\u00edn \u201c\u00e9 un paso m\u00e1is para democratizar o acceso \u00e1 ciencia\u201d na provincia. A deputada provincial lembrou tam\u00e9n que, se ben, \u201cas mulleres representan a maior\u00eda do alumnado universitario, seguen sendo minor\u00eda\u201d nas titulaci\u00f3ns deste eido, \u201ce non \u00e9 por falta de capacidade ou de intereses, sen\u00f3n polo peso dos estereotipos, dos roles de x\u00e9nero e das barreiras sociais que seguen condicionando as elecci\u00f3ns educativas das m\u00e1is novas\u201d, o que fai necesario \u201cmostrar referentes \u00e1 mocidade\u201d, engadiu Canda.<\/p>\n<h3>M\u00e1is de 20 actividades para todos os p\u00fablicos<\/h3>\n<p>A vicerreitora de Comunicaci\u00f3n e Relaci\u00f3ns Institucionais encargouse de debullar o <a href=\"https:\/\/ucc.webs.uvigo.es\/plan-de-ciencia-de-ida-e-volta\/feira-cientifica-a-ciencia-que-ven-ten-nome-de-muller\/\">programa<\/a> dunha xornada que arrancar\u00e1, pola ma\u00f1\u00e1, coa visita \u00e1 feira de 180 alumnas e alumnos de 5\u00ba e 6\u00ba de primaria de cinco colexios do municipio, os CEIP Varela Bux\u00e1n, Vicente Arias de la Maza, Xes\u00fas Golmar, Manuel Rivero e Xoaqu\u00edn Loriga. En paralelo, preto de 60 estudantes de 4\u00ba da ESO participar\u00e1n en obradoiros sobre desinformaci\u00f3n, matem\u00e1ticas ou sostibilidade global e local.<\/p>\n<p>Pola tarde, a feira abrir\u00e1 as s\u00faas portas a toda a cidadan\u00eda, con entrada libre e gratu\u00edta. Desde as 16.00 horas, 24 obradoiros e stands interactivos ocupar\u00e1n distintos espazos do exterior e interior do edificio sociocultural para ofrecer experiencias participativas: xogos divulgativos, experimentos, tecnolox\u00edas innovadoras, retos matem\u00e1ticos, arte, troco de obxectos, e ata unha maqueta de sat\u00e9lite ou un monopraza fabricado por estudantado universitario.<\/p>\n<\/div>\n<h3>Cintecx participa con tres stands<\/h3>\n<p>O grupo de Xeotechnolox\u00edas Aplicadas (Xeotech) e o grupo de Bioenxe\u00f1ar\u00eda e Procesos Sostibles de CINTECX, participan un ano m\u00e1is na feira cos stands: Xeointelixencia artificial e xemelgos dixitais, Xeotecnolox\u00edas para a dixitalizaci\u00f3n e a realidade aumentada na toma de decisi\u00f3ns y Crea, degrada e transforma para descontaminaci\u00f3n de augas.<\/p>\n<h4>Xeointelixencia artificial e xemelgos dixitais<\/h4>\n<h6>Xeotech | CINTecx<\/h6>\n<p>Explora connosco como a tecnolox\u00eda m\u00e1is destacada entende o territorio para coidalo mellor. Desde a seguridade viaria mellorada ata a modelizaci\u00f3n e dixitalizaci\u00f3n dos recursos h\u00eddricos, grazas aos xemelgos dixitais. Co\u00f1ece os resultados dos proxectos Roads2Win e E-Hydro.<\/p>\n<\/div>\n<h4>Crea, degrada e transforma<\/h4>\n<h6>BIOSUV<span class=\"Apple-converted-space\">\u00a0| CINTEcX<\/span><\/h6>\n<p>Sab\u00edas que existen alternativas menos contaminantes para o tratamento de augas? Aprende t\u00e9cnicas sorprendentes para eliminar os contaminantes das nosas augas.<\/p>\n<\/div>\n<h4>Xeotecnolox\u00edas para a dixitalizaci\u00f3n e a realidade aumentada na toma de decisi\u00f3ns<\/h4>\n<h6>Xeotech | CintecX<\/h6>\n<p>Prep\u00e1rate para unha viaxe interactiva polo presente e futuro da enxe\u00f1ar\u00eda. Desde a detecci\u00f3n temper\u00e1 de danos no formig\u00f3n armado, ata a realidade aumentada para visualizar entornos 3D e asistir aos operarios en tempo real. Descrubre os resultados dos proxectos OVERSIGHT e SUMARE.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Cintecx participa con tres stands: Xeointelixencia artificial e xemelgos dixitais, Xeotecnolox\u00edas para a dixitalizaci\u00f3n e a realidade aumentada na toma de decisi\u00f3ns y Crea, degrada e transforma para descontaminaci\u00f3n de augas. <\/p>\n","protected":false},"author":10,"featured_media":258475,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_acf_changed":false,"inline_featured_image":false,"footnotes":""},"categories":[92],"tags":[],"class_list":["post-258479","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-duvi"],"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/258479","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/10"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=258479"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/258479\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":258484,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/258479\/revisions\/258484"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/258475"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=258479"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=258479"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=258479"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}