{"id":258449,"date":"2025-05-23T14:57:12","date_gmt":"2025-05-23T12:57:12","guid":{"rendered":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/investigadores-de-cintecx-traen-a-primeira-planta-piloto-exclusiva-para-analise-experimental-de-combustion-de-hidroxeno-a-uvigo\/"},"modified":"2025-05-23T14:59:04","modified_gmt":"2025-05-23T12:59:04","slug":"investigadores-de-cintecx-traen-a-primeira-planta-piloto-exclusiva-para-analise-experimental-de-combustion-de-hidroxeno-a-uvigo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/investigadores-de-cintecx-traen-a-primeira-planta-piloto-exclusiva-para-analise-experimental-de-combustion-de-hidroxeno-a-uvigo\/","title":{"rendered":"Investigadores de CINTECX traen a primeira planta piloto exclusiva para an\u00e1lise experimental de combusti\u00f3n de hidr\u00f3xeno \u00e1 UVigo"},"content":{"rendered":"<section class=\"author-section text-uppercase text-grey\">D. Besad\u00edo\u00a0\u00a0DUVI\u00a0<span class=\"last\">\u00a023\/05\/2025<\/span><\/section>\n<div class=\"field field--name-field-uv-body field--type-entity-reference-revisions field--label-hidden field--items\">\n<div class=\"field--item\">\n<div class=\"field field--name-field-pg-text field--type-text-long field--label-hidden field--item\">\n<p>A Universidade de Vigo acoller\u00e1 a primeira planta piloto completamente instrumentada para a investigaci\u00f3n exhaustiva da combusti\u00f3n de hidr\u00f3xeno puro. O proxecto chega da man do Grupo de Tecnolox\u00eda Enerx\u00e9tica GTE, equipo punteiro conformado na actualidade por preto de medio cento de investigadores e investigadoras con diferentes li\u00f1as de traballo, unidas por un eixe com\u00fan: a procura de soluci\u00f3ns enerx\u00e9ticas sustentables, adscrito ao Centro de Investigaci\u00f3n en Tecnolox\u00edas, Enerx\u00eda e Procesos Industriais, Cintecx,<\/p>\n<p>Nun contexto global onde a descarbonizaci\u00f3n industrial \u00e9 un obxectivo prioritario, o hidr\u00f3xeno pres\u00e9ntase como un combustible \u201cclave e esperanzador\u201d para reemprazar os combustibles f\u00f3siles en procesos que requiren temperaturas medias e altas fronte \u00e1s limitaci\u00f3ns das bombas de calor e os problemas de electrificaci\u00f3n total que se atopan, tanto desde o punto da ineficiencia en termos de conversi\u00f3n enerx\u00e9tica como dos problemas de estabilidade da rede e necesidade de grandes investimentos en infraestrutura.<\/p>\n<p>A posta en marcha desta planta piloto \u00e9 un dos eixes centrais do proxecto Desenvolvemento de estratexias avanzadas para a combusti\u00f3n eficiente de hidr\u00f3xeno puro para aplicaci\u00f3ns a escala real, financiado con 218.750 euros polo Ministerio de Ciencia, Innovaci\u00f3n e Universidades dentro da convocatoria de Proxectos de Xeraci\u00f3n de Co\u00f1ecemento 2023. \u201cDe momento estamos traballando en Cintecx, nos laboratorios onde xa temos instalada a caldeira, pero a idea \u00e9 poder facer algo m\u00e1is grande, se ben de momento, a\u00ednda non est\u00e1 concretado\u201d, explica o catedr\u00e1tico Jos\u00e9 Luis M\u00edguez Tabar\u00e9s, coordinador xeral do grupo GTE.<\/p>\n<h3>Tres anos de traballo por diante<\/h3>\n<p>Arrancaron o pasado mes de setembro e por diante te\u00f1en tres anos de traballo, ata o 31 de agosto de 2027. O proxecto estrut\u00farase en dous eixes fundamentais En primeiro lugar, levarase a cabo unha an\u00e1lise detallada da caldeira comercial de hidr\u00f3xeno puro desenvolvida pola empresa Ferroli que xa te\u00f1en instalada no laboratorio, un sistema pioneiro que xa forma parte do equipamento do grupo GTE. Esta investigaci\u00f3n permitir\u00e1, segundo explican os seus responsables, avaliar o seu funcionamento en condici\u00f3ns operativas reais, as\u00ed como caracterizar a s\u00faa eficiencia e estabilidade na combusti\u00f3n.<\/p>\n<p>En segundo lugar, dese\u00f1arase e construirase a planta piloto, un sistema experimental que permitir\u00e1 un control preciso das variables clave e unha caracterizaci\u00f3n avanzada dos fen\u00f3menos de combusti\u00f3n. \u201cAta a data, a maior\u00eda dos estudos neste campo centr\u00e1ronse en mesturas de hidr\u00f3xeno con hidrocarburos, polo que a an\u00e1lise da combusti\u00f3n de hidr\u00f3xeno puro a esta escala e con este nivel de sensorizaci\u00f3n representa unha contribuci\u00f3n significativa a este eido\u201d, subli\u00f1a M\u00edguez Tabar\u00e9s.<\/p>\n<p>Indo ao detalle, un dos principais obxectivos da planta piloto ser\u00e1 a an\u00e1lise experimental e num\u00e9rica da combusti\u00f3n de hidr\u00f3xeno puro e o estudo de distintos dese\u00f1os de embocaduras para mellorar a estabilidade da chama e a eficiencia do proceso. A combusti\u00f3n de hidr\u00f3xeno presenta desaf\u00edos espec\u00edficos, como o retroceso de chama (flashback) ou a s\u00faa elevada temperatura, que poden influ\u00edr na xeraci\u00f3n de NOx -\u00f3xidos de nitr\u00f3xeno- t\u00e9rmicos. Para abordar estes retos, a investigaci\u00f3n tam\u00e9n explorar\u00e1 soluci\u00f3ns innovadoras, como a combusti\u00f3n en medios porosos. \u201cEsta t\u00e9cnica modifica o mecanismo predominante de transferencia de calor, que en caldeiras de hidr\u00f3xeno \u00e9 principalmente convectivo, convert\u00e9ndoo nun proceso dominado pola radiaci\u00f3n\u201d, explican os investigadores. O medio poroso tam\u00e9n proporciona unha alta inercia t\u00e9rmica na rexi\u00f3n da chama, o que mellora significativamente a s\u00faa estabilidade. \u201cAdemais, xera unha combusti\u00f3n m\u00e1is homox\u00e9nea, reducindo as temperaturas m\u00e1ximas da chama e diminu\u00edndo a formaci\u00f3n de NOx t\u00e9rmicos\u201d.<\/p>\n<h3>\u201cDatos emp\u00edricos valiosos\u201d \u00a0para a s\u00faa futura implantaci\u00f3n a grande escala<\/h3>\n<p>O impacto agardado deste proxecto na xeraci\u00f3n de co\u00f1ecemento cient\u00edfico-t\u00e9cnico no campo da combusti\u00f3n de hidr\u00f3xeno \u00e9 significativo. \u201cO desenvolvemento dunha planta piloto para a combusti\u00f3n de hidr\u00f3xeno a escala aplicada representa unha novidade en si mesma e proporcionar\u00e1 datos emp\u00edricos valiosos, as\u00ed como informaci\u00f3n detallada sobre o proceso a escala macrosc\u00f3pica\u201d, salientan os responsables do proxecto, un equipo encabezado por M\u00edguez Tabar\u00e9s e que, nesta caso, completan Jacobo Porteiro \u00a0Fresco, David Pati\u00f1o Vilas, Amanda Franco Sardinha, Marta Mar\u00eda Caride P\u00e9rez e Sergio Chapela L\u00f3pez.<\/p>\n<p>Entre eses datos emp\u00edricos incl\u00faese a comprensi\u00f3n dos desaf\u00edos pr\u00e1cticos, a din\u00e1mica operativa da combusti\u00f3n de hidr\u00f3xeno en condici\u00f3ns reais e as consideraci\u00f3ns de seguridade, aspectos fundamentais para a escabilidade desta tecnolox\u00eda e a s\u00faa implementaci\u00f3n a grande escala.<\/p>\n<p>A maiores, a creaci\u00f3n de submodelos especificamente dese\u00f1ados para a combusti\u00f3n de hidr\u00f3xeno constit\u00fae un avance importante nas capacidades preditivas das tecnolox\u00edas de simulaci\u00f3n. Estes modelos permitir\u00e1n unha an\u00e1lise m\u00e1is precisa e detallada do proceso de combusti\u00f3n, a transferencia de calor e as caracter\u00edsticas de emisi\u00f3n de maneira computacionalmente eficiente. \u201cAs\u00ed mesmo, facilitarase a optimizaci\u00f3n do dese\u00f1o de queimadores e outros equipos, mellorando a s\u00faa eficiencia e reducindo o seu impacto ambiental\u201d.<\/p>\n<\/div>\n<h3>Rede de colaboraci\u00f3n internacional<\/h3>\n<p>Desde a direcci\u00f3n do grupo fan fincap\u00e9 en que, dada a relevancia actual deste tema, o esforzo por manter e establecer colaboraci\u00f3ns internacionais con outros centros de investigaci\u00f3n que traballan en li\u00f1as similares \u00e9 constante. Este enfoque colaborativo busca aproveitar a experiencia e os recursos de m\u00faltiples entidades de investigaci\u00f3n, promovendo un esforzo global para abordar os desaf\u00edos relacionados co uso do hidr\u00f3xeno como combustible en caldeiras. \u201cA nosa actual rede de colaboraci\u00f3n e participaci\u00f3n en comit\u00e9s internacionais proporci\u00f3nanos a contorna adecuada para fortalecer esta li\u00f1a de investigaci\u00f3n\u201d, recalca o responsable do grupo.<\/p>\n<\/div>\n<\/div>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>En pleno proceso de descarbonizaci\u00f3n, ser\u00e1 \u2018clave\u2019 para substitu\u00edr os combustibles f\u00f3siles.<\/p>\n","protected":false},"author":10,"featured_media":258445,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_acf_changed":false,"inline_featured_image":false,"footnotes":""},"categories":[92],"tags":[],"class_list":["post-258449","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-duvi"],"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/258449","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/10"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=258449"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/258449\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":258453,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/258449\/revisions\/258453"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/258445"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=258449"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=258449"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=258449"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}