{"id":258281,"date":"2025-05-12T12:53:13","date_gmt":"2025-05-12T10:53:13","guid":{"rendered":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/investigadores-do-cintecx-desenvolven-un-innovador-sistema-para-recolectar-a-auga-do-resio-e-loitar-contra-a-seca\/"},"modified":"2025-05-13T12:59:27","modified_gmt":"2025-05-13T10:59:27","slug":"investigadores-do-cintecx-desenvolven-un-innovador-sistema-para-recolectar-a-auga-do-resio-e-loitar-contra-a-seca","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/investigadores-do-cintecx-desenvolven-un-innovador-sistema-para-recolectar-a-auga-do-resio-e-loitar-contra-a-seca\/","title":{"rendered":"Investigadores do Cintecx desenvolven un innovador sistema para recolectar a auga do res\u00edo e loitar contra a seca"},"content":{"rendered":"<section class=\"author-section text-uppercase text-grey\">DUVI\u00a0<span class=\"last\">\u00a009\/05\/2025<\/span><\/section>\r\n<div class=\"field field--name-field-uv-body field--type-entity-reference-revisions field--label-hidden field--items\">\r\n<div class=\"field--item\">\r\n<div class=\"field field--name-field-pg-text field--type-text-long field--label-hidden field--item\">\r\n<p>Garantir o acceso universal e equitativo \u00e1 auga \u00e9 un dos principais retos aos que se enfronta a humanidade, sobre todo cando 4000 mill\u00f3ns de persoas sofren na actualidade escaseza, unha tendencia que ademais est\u00e1 en crecemento. Unha soluci\u00f3n para facer fronte \u00e1 seca poder\u00eda estar no aire que respiramos, segundo os investigadores do grupo LaserON, que forma parte do centro\u00a0<a href=\"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/\">Cintecx\u00a0<\/a>da Universidade de Vigo. Os expertos, en colaboraci\u00f3n con cient\u00edficos franceses, dese\u00f1aron un innovador sistema que permite a recolecci\u00f3n de auga de res\u00edo, cuxos detalles se recollen nun artigo que acaba de ser publicado na\u00a0<a href=\"https:\/\/advanced.onlinelibrary.wiley.com\/doi\/full\/10.1002\/adma.202419472\">revista internacional<em>\u00a0Advanced Materials<\/em>.<\/a>\u00a0A s\u00faa proposta bas\u00e9ase no microtexturizado l\u00e1ser que permite recoller a auga do res\u00edo do mesmo modo que o fan as plantas durante a noite.<\/p>\r\n<p>A publicaci\u00f3n, que ocupa a\u00a0<a href=\"https:\/\/advanced.onlinelibrary.wiley.com\/doi\/10.1002\/adma.202570135\">portada do \u00faltimo n\u00famero da revista<\/a>, est\u00e1 asinada por tres investigadores do Cintecx (o catedr\u00e1tico Juan Pou, director do grupo LaserOn; o profesor Antonio Riveiro e o investigador Pablo Pou-\u00c1lvarez) xunto con alg\u00fans dos maiores expertos en condensaci\u00f3n de auga de res\u00edo, como Daniel Beysens (Physique et M\u00e9canique des Milieux H\u00e9t\u00e9roge\u0300nes, CNRS, ESPCI, Francia); Tarik Bourouina (Esycom Lab, CNRS, Francia); e Anne Mongruel (Sorbonne Universit\u00e9, Francia).<\/p>\r\n<h3>Un sistema pasivo, robusto, simple e duradeiro<\/h3>\r\n<p>Os investigadores da UVigo explican que o vapor de auga atmosf\u00e9rico, \u201cignorado ata hai relativamente pouco, pode considerarse un recurso complementario viable de auga doce, xa que a atmosfera non s\u00f3 cont\u00e9n unha enorme cantidade deste vapor (maior ca dispo\u00f1ible en todos os r\u00edos da Terra), sen\u00f3n que ademais est\u00e1 en todas partes e pode obterse sen restrici\u00f3ns xeogr\u00e1ficas nin hidrol\u00f3xicas, dende os desertos m\u00e1is \u00e1ridos ata as cidades m\u00e1is h\u00famidas\u201d. Non obstante, o aproveitamento deste recurso ten sido moi complicado, xa que como explican os enxe\u00f1eiros, os m\u00e9todos empregados ata agora para poder recollelo \u201crequiren considerables recursos enerx\u00e9ticos ou dependen de refrixerantes, o que contrib\u00fae a\u00ednda m\u00e1is ao quecemento global e ao esgotamento da capa de ozono\u201d.<\/p>\r\n<p>Pola contra, o m\u00e9todo presentado polos enxe\u00f1eiros do Cintecx \u00e9 \u201cpasivo, xa que non precisa enerx\u00eda el\u00e9ctrica, \u00e9 robusto, simple e duradeiro\u201d e bas\u00e9ase no xeito no que as plantas colleitan pola noite a auga do res\u00edo.\u00a0<\/p>\r\n<h3>Rexistro dunha solicitude de patente<\/h3>\r\n<p>O novo sistema, para o que xa rexistraron unha solicitude de patente europea, consiste nunha superficie met\u00e1lica \u00e1 que lle proporcionaron unha microtextura superficial mediante un tratamento espec\u00edfico con l\u00e1ser. \u201cEsta superficie microtexturizada\u201d, explican, \u201cconsegue autoenfriarse ao exporse ao ceo nocturno grazas \u00e1 s\u00faa emisividade infravermella mellorada, o que provoca unha condensaci\u00f3n de auga similar ao res\u00edo natural nas follas das plantas\u201d. O microtexturizado l\u00e1ser promove a condensaci\u00f3n en forma dunha l\u00e1mina continua sobre a superficie en lugar de gotas dispersas, \u00e1 diferencia do que sucede nas follas, e isto permite \u201cunha recolecci\u00f3n eficiente e aut\u00f3noma da auga\u201d.<\/p>\r\n<p>O sistema foi probado durante m\u00e1is dun ano de xeito continuado na azotea do Institute de Physique du Globe, en Par\u00eds, \u201cdemostr\u00e1ndose as\u00ed a s\u00faa robustez e bo funcionamento\u201d.<\/p>\r\n<\/div>\r\n<\/div>\r\n<\/div>\r\n\r\n<p>&nbsp;<\/p>\r\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O traballo do grupo LaserON e de cient\u00edficos franceses foi publicado na revista &#8216;Advanced Materials&#8217;<\/p>\n","protected":false},"author":10,"featured_media":258275,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"inline_featured_image":false,"footnotes":""},"categories":[92],"tags":[],"class_list":["post-258281","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-duvi"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/258281","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/10"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=258281"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/258281\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":258282,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/258281\/revisions\/258282"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/258275"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=258281"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=258281"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=258281"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}