{"id":257989,"date":"2025-04-03T10:11:49","date_gmt":"2025-04-03T08:11:49","guid":{"rendered":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/?p=257989"},"modified":"2025-04-03T10:11:49","modified_gmt":"2025-04-03T08:11:49","slug":"jesus-doval-ingresa-na-real-academia-galega-de-ciencias-en-reconecemento-ao-seu-inxente-labor-investigador","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/jesus-doval-ingresa-na-real-academia-galega-de-ciencias-en-reconecemento-ao-seu-inxente-labor-investigador\/","title":{"rendered":"Jes\u00fas Doval ingresa na Real Academia Galega de Ciencias en reco\u00f1ecemento ao seu inxente labor investigador"},"content":{"rendered":"<p>O catedr\u00e1tico de Tecnolox\u00eda Electr\u00f3nica da Universidade de Vigo e investigador CINTECX Jes\u00fas Doval incorporarase hoxe \u00e1 Real Academia Galega de Ciencias como acad\u00e9mico numerario da secci\u00f3n de Ciencias T\u00e9cnicas, un reco\u00f1ecemento a un inxente labor investigador dirixido a resolver problemas vencellados \u00e1 electr\u00f3nica industrial e \u00e1s tecnolox\u00edas de enerx\u00eda el\u00e9ctrica.<\/p>\n<p>\u201cEste reco\u00f1ecemento \u00e1 mi\u00f1a actividade profesional \u00a0\u00e9 para min unha honra. Os logros acadados que fixeron que fora elixido para formar parte de esta instituci\u00f3n son debidos, de un xeito ou outro, ao apoio e colaboraci\u00f3n de moitas persoas que xogaron un papel fundamental na mi\u00f1a evoluci\u00f3n como persoa e na mi\u00f1a traxectoria profesional\u201d, explica o docente da Escola de Enxe\u00f1er\u00eda Industrial e investigador do Centro de Investigaci\u00f3n en Tecnolox\u00edas, Enerx\u00eda e Procesos Industriais, Cintecx, onde dirixe o grupo APET, Tecnolox\u00eda Electr\u00f3nica de Potencia Aplicada, centrado en resolver problemas sociais relevantes vencellados \u00e1 electr\u00f3nica industrial e \u00e1s tecnolox\u00edas de enerx\u00eda el\u00e9ctrica, aplicando os seus resultados \u00e1 mellora de sectores como o transporte ou a enerx\u00eda.<\/p>\n<p>\u201cFalo da familia, compa\u00f1eiros do grupo de investigaci\u00f3n, estudantes de doutoramento, compa\u00f1eiros da UVigo e de outras entidades coas que colaboro, profesores, estudantes titorizados, persoal de apoio nas actividades desenvoltas\u201d, engade Doval, ao tempo que salienta que como acad\u00e9mico da RAGC, colaborar\u00e1 en todas as actividades que se organicen \u201corientadas \u00e1 promoci\u00f3n da ciencia e a tecnolox\u00eda que poidan contribu\u00edr ao desenvolvemento social e econ\u00f3mico de Galicia\u201d.<\/p>\n<h3>Inmenso labor investigador<\/h3>\n<p>Jes\u00fas Doval desenvolve proxectos de investigaci\u00f3n en colaboraci\u00f3n con empresas nacionais e internacionais como Navantia, Repsol ou Indra. Nos \u00faltimos anos dirixiu uns 40 proxectos con compa\u00f1\u00edas p\u00fablicas ou privadas, cun financiamento total superior a 1,5 mill\u00f3ns de euros. Traballa en procesos como a creaci\u00f3n de f\u00e1bricas intelixentes e sustentables; dese\u00f1o de plantas el\u00e9ctricas; sistemas de defensa dos buques da Armada; desenvolvemento de convertedores electr\u00f3nicos de potencia para barcos de propulsi\u00f3n el\u00e9ctrica, para plataformas de perforaci\u00f3n mineira ou para aplicaci\u00f3ns de enerx\u00edas renovables; descarbonizaci\u00f3n de procesos t\u00e9rmicos no sector conserveiro; mellora dos sistemas de calefacci\u00f3n de biomasa&#8230; ata o e desenvolvemento de convertedores electr\u00f3nicos que permitan a subministraci\u00f3n de enerx\u00eda el\u00e9ctrica aos barcos durante o atraque. \u00c9 autor de varias patentes, espa\u00f1olas e europeas.<\/p>\n<p>Nos \u00faltimos dez anos publicou 237 traballos cient\u00edficos nas principais revistas internacionais. Colaborou con investigadores de 25 universidades, institutos e centros de investigaci\u00f3n doutros pa\u00edses. No eido formativo, dirixiu 12 teses de doutoramento e 104 traballos fin de carreira, fin de mestrado e fin de grao. Ademais, dirixe cursos de formaci\u00f3n profesional adaptados \u00e1s necesidades das empresas para aumentar o seu retorno de investimento, reducir o tempo de inactividade e mellorar as habilidades e a motivaci\u00f3n do seu persoal.<\/p>\n<p>No \u00e1mbito internacional, \u00e9 membro do Instituto de Enxe\u00f1eiros El\u00e9ctricos e Electr\u00f3nicos, da Sociedade de Electr\u00f3nica Industrial e da Sociedade de Electr\u00f3nica de Potencia. As\u00ed mesmo, \u00e9 editor de varias publicaci\u00f3ns internacionais nestes campos. Como enxe\u00f1eiro, traballou en empresas de diferentes sectores industriais, en particular do petroqu\u00edmico, xeraci\u00f3n e transporte de electricidade, automoci\u00f3n e electr\u00f3nica; tanto en Espa\u00f1a como no Reino Unido.<\/p>\n<h3>Discurso de ingreso centrado no potencial da electr\u00f3nica de potencia<\/h3>\n<p>O acto de ingreso celebrarase no Pazo de San Roque, en Compostela, \u00e1s 18.30 horas, e o seu discurso, titulado Conversi\u00f3n de enerx\u00eda el\u00e9ctrica e electr\u00f3nica de potencia, estar\u00e1 centrado na tecnolox\u00eda coa que est\u00e1 relacionada toda a s\u00faa actividade dos \u00faltimos anos. \u201cEn concreto, presentarei o potencial e funci\u00f3n da electr\u00f3nica de potencia na conversi\u00f3n de enerx\u00eda el\u00e9ctrica\u201d, explica o investigador.<\/p>\n<h3>Arroupado por varios vicerreitores e o director da EEI<\/h3>\n<p>Encargarase de realizar a laudatio o catedr\u00e1tico em\u00e9rito de Ciencia dos Materiais e Enxe\u00f1ar\u00eda Metal\u00farxica da Universidade de Vigo, Pedro Merino. \u00a0O acto estar\u00e1 presidido polo presidente da RAGC, Juan Lema, e contar\u00e1 coa asistencia do secretario xeral de Universidades, Jos\u00e9 Alberto D\u00edez de Castro, as\u00ed como distintos representantes da Universidade de Vigo: a vicerreitora de Investigaci\u00f3n, Transferencia e Innovaci\u00f3n, Bel\u00e9n Rubio; o vicerreitor de Titulaci\u00f3ns e Innovaci\u00f3n Docente, Alfonso Lago; a vicerreitora de Profesorado e Ordenaci\u00f3n Acad\u00e9mica, Adela S\u00e1nchez, e o director da Escola de Enxe\u00f1er\u00eda Industrial, Jos\u00e9 Fari\u00f1a, as\u00ed diversos representantes de diferentes instituci\u00f3ns pol\u00edticas, culturais, cient\u00edficas e acad\u00e9micas galegas.<\/p>\n<h3>Acad\u00e9micos da UVigo na RAGC<\/h3>\n<p>A entrada de Jes\u00fas Doval como acad\u00e9mico numerario da RAGC conv\u00e9rteo no sexto docente da UVigo en exercer esta funci\u00f3n. Os primeiros foron Fernando P\u00e9rez (2014) e Pedro Merino (2015) na secci\u00f3n de Ciencias T\u00e9cnicas, aos que logo se sumou o catedr\u00e1tico xa falecido Jos\u00e9 Pazos Arias, no ano 2016, tam\u00e9n en Ciencias T\u00e9cnicas.<\/p>\n<p>En 2021 sumouse \u00e1 instituci\u00f3n o exreitor Alberto Gago, na secci\u00f3n Ciencias Econ\u00f3micas e Sociais, e en 2022 Herminia Dom\u00ednguez, tam\u00e9n en Ciencias T\u00e9cnicas.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>\u201cOs logros acadados son debidos ao apoio e colaboraci\u00f3n de moitas persoas&#8221;<\/p>\n","protected":false},"author":10,"featured_media":257986,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_acf_changed":false,"inline_featured_image":false,"footnotes":""},"categories":[92],"tags":[],"class_list":["post-257989","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-duvi"],"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/257989","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/10"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=257989"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/257989\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":257990,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/257989\/revisions\/257990"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/257986"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=257989"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=257989"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=257989"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}