{"id":257623,"date":"2025-02-06T10:21:38","date_gmt":"2025-02-06T09:21:38","guid":{"rendered":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/?p=257623"},"modified":"2025-02-06T10:48:44","modified_gmt":"2025-02-06T09:48:44","slug":"a-real-academia-de-ingenieria-concedelle-a-profesora-belen-riveiro-o-galardon-aos-mellores-investigadores-novos","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/a-real-academia-de-ingenieria-concedelle-a-profesora-belen-riveiro-o-galardon-aos-mellores-investigadores-novos\/","title":{"rendered":"A Real Academia de Ingenier\u00eda conc\u00e9delle \u00e1 profesora Bel\u00e9n Riveiro o galard\u00f3n aos mellores investigadores novos"},"content":{"rendered":"<p>Hai apenas unhas semanas a investigadora de CINTECX Bel\u00e9n Riveiro recibiu en Santiago de Compostela un dos galard\u00f3ns da primeira edici\u00f3n dos Premios Real Academia Galega de Ciencias-Universidad Intercontinental de la Empresa para investigadoras e investigadores novos e esta semana viaxou a Madrid para recoller na sede da Real Academia de Ingenier\u00eda o premio que anualmente concede esta instituci\u00f3n aos mellores investigadores mozos. Recibiu o galard\u00f3n nunha cerimonia celebrada no ser\u00e1n deste martes na sede da academia de mans do seu presidente, Jaime Dom\u00ednguez Abascal.<\/p>\n<p>\u201cPara min \u00e9 unha honra recibir un premio tan prestixioso a nivel nacional e outorgado por cient\u00edficos tan reco\u00f1ecidos como son os acad\u00e9micos \u00a0da Real Academia de Ingenier\u00eda\u201d, explica a docente, ao que engade que sinte que este galard\u00f3n \u201cv\u00e9n a compensar os esforzos e sacrificios realizados ao longo dos \u00faltimos anos, non s\u00f3 por min, sen\u00f3n tam\u00e9n polos meus compa\u00f1eiros do grupo de Xeotecnolox\u00edas Aplicadas; por iso, este premio \u00e9 compartido con eles\u201d.<\/p>\n<p>Na mesma li\u00f1a, agradeceu tam\u00e9n \u00e1 RAI a entrega duns galard\u00f3ns \u201cque significan un reco\u00f1ecemento e impulso a que enxe\u00f1eiros do noso pa\u00eds poidan contribu\u00edr \u00e1 ciencia excelente\u201d, \u201ccient\u00edficas e cient\u00edficos que amamos esta profesi\u00f3n\u201d, recalcou a investigadora, quen tivo tam\u00e9n verbas de agradecemento para os directores do seu grupo de investigaci\u00f3n, Pedro Arias e Henrique Lorenzo, \u201caos meus compa\u00f1eiros de laboratorio, aos doutorandos que ao longo dos anos contribu\u00edron a xerar co\u00f1ecemento no noso grupo, as\u00ed como \u00e1s distintas entidades que me acolleron ao longo da mi\u00f1a formaci\u00f3n de posdoutoramento e todos os meus colabodores e colaboradoras\u201d. A maiores, emocionada, tam\u00e9n \u00e1 s\u00faa familia, os seus pais, marido, fillos e sogros, &#8220;que son quen, verdadeiramente, fan posible\u00a0 que a conciliaci\u00f3n familia ciencia sexa posible&#8221;.<\/p>\n<h3>Contribuci\u00f3ns cient\u00edficas con elevado impacto en transferencia<\/h3>\n<p>Profesora do Departamento de Enxe\u00f1ar\u00eda dos materiais, mec\u00e1nica aplicada e construci\u00f3n e investigadora do grupo de Xeotecnolox\u00edas Aplicadas do Cintecx, Centro de Investigaci\u00f3n en Tecnolox\u00edas, Enerx\u00eda e Procesos Industriais da Universidade de Vigo, Riveiro recibiu o Premio Agust\u00edn de Betancourt y Molina pola s\u00faa contribuci\u00f3n no campo da monitorizaci\u00f3n da sa\u00fade de estruturas de enxe\u00f1ar\u00eda civil que te\u00f1en dado lugar a relevantes contribuci\u00f3ns cient\u00edficas e tam\u00e9n a unha importante transferencia tecnol\u00f3xica a trav\u00e9s de contratos de envergadura con empresas, e sete patentes, tres delas licenciadas.<\/p>\n<p>\u201cOs principais fitos da mi\u00f1a carreira cient\u00edfica est\u00e1n relacionados coa resiliencia de infraestruturas, en particular coas infraestruturas de transporte terrestre\u201d, explicou no seu discurso a investigadora, remarcando o car\u00e1cter \u201cesencial\u201d destas investigaci\u00f3ns para contribu\u00edr a conseguir alcanzar o desenvolvemento sostible. \u201cEstase demostrando que os efectos do cambio clim\u00e1tico est\u00e1n acelerando eses procesos de degradaci\u00f3n das infraestruturas. Os eventos extremos son cada vez m\u00e1is frecuentes, como puidemos comprobar recentemente no noso pa\u00eds, o que aumenta considerablemente os riscos de car\u00e1cter natural\u201d, remarcou Riveiro.<\/p>\n<p>A comisi\u00f3n dos premios da Real Academia de Ingenier\u00eda valorou as\u00ed mesmo o feito de que este importante labor levado a cabo por Riveiro foi xa reco\u00f1ecido con importantes distinci\u00f3ns, entre elas, o Premio Nacional de Investigaci\u00f3n a J\u00f3venes Matilde Ucelay, na s\u00faa edici\u00f3n de 2022, concedido polo Ministerio de Ciencia e Innovaci\u00f3n, ou a Medalla Juan L\u00f3pez de Pe\u00f1alver concedida pola RAI en 2017 \u00a0\u201cpolas s\u00faas contribuci\u00f3ns \u00e1 aplicaci\u00f3n de t\u00e9cnicas xeom\u00e1nticas \u00e1 monitorizaci\u00f3n dimensional estrutural de estruturas de enxe\u00f1ar\u00eda civil e construci\u00f3n, as\u00ed como aplicaci\u00f3n de modelado 3D en cidades intelixentes\u201d.<\/p>\n<h3>Por unanimidade da comisi\u00f3n<\/h3>\n<p>A decisi\u00f3n de outorgarlle este galard\u00f3n foi adoptada por unanimidade de todos os acad\u00e9micos que participaron na reuni\u00f3n da Comisi\u00f3n de Premios da RAI, celebrada o pasado mes de outubro.<\/p>\n<p>No mesmo acto, tam\u00e9n se entregou o premio Juan L\u00f3pez de Pe\u00f1alver, no que se reco\u00f1ece igualmente aos mellores investigadores novos, \u2018ex aequo\u2019 a Rub\u00e9n Tolosa, da Escola Polit\u00e9cnica Superior da Universidad Aut\u00f3noma de Madrid, e a Natalia D\u00edaz, da Escola T\u00e9cnica Superior de Enxe\u00f1ar\u00eda Inform\u00e1tica e de Telecomunicaci\u00f3ns da Universidad de Granada. Igualmente, foron galardoados con medallas de acc\u00e9sit ao premio Agust\u00edn de Betancourt polo seu labor investigador os enxe\u00f1eiros Sergi Abadal Caball\u00e9, Raquel Lebrero Fern\u00e1ndez e M\u00aa Mirian Velay Lizancos.<\/p>\n<p>Enlace ao\u00a0<a href=\"https:\/\/www.youtube.com\/watch?v=ZN3NAB-80YM\">v\u00eddeo<\/a>\u00a0do solemne acto de entrega dos premios J\u00f3venes Investigadores y Academiae Dilecta 2024 (intervenci\u00f3n de Bel\u00e9n Riveiro a partir do minuto 15.20 aprox.).<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Polas s\u00faas contribuci\u00f3n no campo da monitorizaci\u00f3n da sa\u00fade de estruturas de enxe\u00f1ar\u00eda civil<\/p>\n","protected":false},"author":10,"featured_media":257624,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"inline_featured_image":false,"footnotes":""},"categories":[92],"tags":[],"class_list":["post-257623","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-duvi"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/257623","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/10"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=257623"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/257623\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":257641,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/257623\/revisions\/257641"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/257624"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=257623"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=257623"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=257623"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}