{"id":257260,"date":"2024-12-13T14:35:20","date_gmt":"2024-12-13T13:35:20","guid":{"rendered":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/cintecx-consegue-cerca-dun-millon-de-euros-de-fondos-para-investigacion-procedentes-do-plan-nacional\/"},"modified":"2024-12-13T14:35:48","modified_gmt":"2024-12-13T13:35:48","slug":"cintecx-consegue-cerca-dun-millon-de-euros-de-fondos-para-investigacion-procedentes-do-plan-nacional","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/cintecx-consegue-cerca-dun-millon-de-euros-de-fondos-para-investigacion-procedentes-do-plan-nacional\/","title":{"rendered":"CINTECX consegue cerca dun mill\u00f3n de euros de fondos para investigaci\u00f3n procedentes do Plan Nacional"},"content":{"rendered":"<p>DUVI  13\/12\/2024<br \/>\nO Centro de Investigaci\u00f3n en Tecnolox\u00edas, Enerx\u00eda e Procesos Industriais &#8211; CINTECX- acadou 960.000 euros de financiamento para proxectos de investigaci\u00f3n da convocatoria 2023 do Plan Nacional, dos algo m\u00e1is de 5,2 mill\u00f3ns de euros obtidos pola Universidade de Vigo. A resoluci\u00f3n definitiva da convocatoria co financiamento concedido polo Ministerio de Ciencia, Innovaci\u00f3n e Universidades f\u00edxose p\u00fablica hai apenas uns d\u00edas. Estas axudas est\u00e1n dirixidas \u00e1 realizaci\u00f3n de proxectos de investigaci\u00f3n dirixidos a fomentar a xeraci\u00f3n e o avance significativo do co\u00f1ecemento cient\u00edfico e a investigaci\u00f3n de calidade contrastada e a avanzar cara a busca de soluci\u00f3ns aos principais desaf\u00edos da sociedade.<\/p>\n<p>Enmarcados dentro do Plan Estatal de Investigaci\u00f3n Cient\u00edfica, T\u00e9cnica e de Innovaci\u00f3n (2021-2023), a inxecci\u00f3n econ\u00f3mica acadada pola UVigo ascende a un total de 5.282.250 euros, cantidade que se distrib\u00fae entre 40 proxectos de investigaci\u00f3n que se levar\u00e1n a cabo nos tres campus da UVigo ata finais de agosto de 2027 ou 2028, dependendo da duraci\u00f3n de cada un deles -tres ou catro anos-. Este ano solicit\u00e1ranse un total de 91 proxectos e, finalmente, conced\u00e9ronse 40, o que sit\u00faa a taxa de \u00e9xito nun 44%, unha cifra moi similar \u00e1 acadada o ano pasado -46%- cando a instituci\u00f3n acad\u00e9mica viguesa -tam\u00e9n con 40 proxectos concedidos- conseguira acadar o seu m\u00e1ximo hist\u00f3rico.<\/p>\n<h3>Case 2 mill\u00f3ns de euros para os centros Cigus e 960.000 para Cintecx<\/h3>\n<p>Destes 40 proxectos 13 est\u00e1n liderados por persoal docente e investigador adscritos aos tres centros Cigus da Universidade de Vigo: o Centro de investigaci\u00f3n en Tecnolox\u00edas de Telecomunicaci\u00f3n, atlanTTic; o Centro de Investigaci\u00f3n en Nanomateriais e Biomedicina, CINBIO,  e o Centro de Investigaci\u00f3n Mari\u00f1a, CIM que, entre os tres, acadan unha captaci\u00f3n de preto de 2 mill\u00f3ns de euros. Nesta ocasi\u00f3n, o centro m\u00e1is beneficiado \u00e9 atlanTTic coa consecuci\u00f3n de seis proxectos por importe de 888.625 euros, seguido do CINBIO con cinco proxectos e 844.000 euros, e o CIM, que acadou dous proxectos financiados con 212.450 euros.<\/p>\n<p>Aspirante tam\u00e9n a converterse en centro Cigus, destacan tam\u00e9n os resultados acadados desde o Cintecx, Centro de Investigaci\u00f3n en Tecnolox\u00edas, Enerx\u00eda e Procesos Industrias, que acadou nesta convocatoria un total de 6 proxectos dotados cun orzamento que ronda os 960.000 euros.<\/p>\n<p>Por outra banda, comezan a despuntar os novos institutos de investigaci\u00f3n, como o Instituto de Agroecolox\u00eda e Alimentaci\u00f3n, IAA -dous proxectos dotados con 362.000 euros- e o Instituto de F\u00edsica e Ciencias Aeroespaciais, IFCAE -112.500 euros para a posta en marcha de dous proxectos-. <\/p>\n<p>A eles hai que sumar os proxectos acadados polos investigadores da UVigo dende o centro interuniversitario CISPAC, Centro de Investigaci\u00f3n Interuniversitario das Paisaxes Atl\u00e1nticas Culturais &#8211; dous proxectos financiados con 339.000 euros-.<\/p>\n<p>Completan a listaxe os proxectos liderados por persoal docente e investigador das diferentes escolas e facultades: Educaci\u00f3n e Traballo Social e Enxe\u00f1ar\u00eda Inform\u00e1tica, no campus de Ourense; Enxe\u00f1er\u00eda Industrial, Qu\u00edmica, Ciencias Xur\u00eddicas e do Traballo e Filolox\u00eda e Traduci\u00f3n no de Vigo, e CC da Educaci\u00f3n e do Deporte e Enxe\u00f1ar\u00eda Forestal, no de Pontevedra.<\/p>\n<p>En canto \u00e1 clasificaci\u00f3n por x\u00e9nero, o 70% dos proxectos seguen estando liderados por homes, mentres que a cifra de proxectos dirixidos por mulleres qu\u00e9dase nesta ocasi\u00f3n no 30%.<\/p>\n<h3>275.000 para purificaci\u00f3n de augas e electrocatalizadores verdes<\/h3>\n<p>No segundo posto dos proxectos que acadaron un maior financiamento, con 275.000 euros, sit\u00faase o liderado polas investigadoras do Cintecx Marta M\u00aa Pazos e M\u00aa \u00c1ngeles Sanrom\u00e1n, actual directora deste centro. Titulado Avanzando por un futuro m\u00e1is ecol\u00f3xico: integraci\u00f3n de materiais respectuosos co medio ambiente para a purificaci\u00f3n de auga e iniciativas de enerx\u00eda renovable, G-Free, o proxecto busca avanzar no dese\u00f1o de materiais respectuosos co medio ambiente, creados especificamente para a purificaci\u00f3n da auga e iniciativas de enerx\u00eda renovable. \u201cElaboraranse seguindo os principios da qu\u00edmica verde e da sostenibilidade, incorporando residuos agroindustriais (biomasa) como precursores para desenvolver estes novos materiais\u201d, explican as investigadoras. <\/p>\n<p>Especificamente, o proxecto G-Free ten como obxectivo mellorar os Procesos de Oxidaci\u00f3n Avanzada  para o tratamento de augas residuais. Isto implica a innovaci\u00f3n de catalizadores sostibles, electrocatalizadores e materiais de liberaci\u00f3n controlada de oxidantes, co obxecto de eliminar contaminantes emerxentes. \u201cM\u00e1is al\u00f3 do tratamento de augas residuais, o proxecto ampl\u00eda o seu alcance \u00e1 s\u00edntese de electrocatalizadores verdes para a produci\u00f3n (foto)electroqu\u00edmica de hidr\u00f3xeno mediante procesos de divisi\u00f3n de auga\u201d, recalcan as investigadoras.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O proxecto que acadou m\u00e1is financiaci\u00f3n en CINTECX, con 275.000 euros, foi liderado polas investigadoras Marta Pazos e \u00c1ngeles Sanrom\u00e1n, directora do centro.<\/p>\n","protected":false},"author":10,"featured_media":257257,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"inline_featured_image":false,"footnotes":""},"categories":[92],"tags":[],"class_list":["post-257260","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-duvi"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/257260","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/10"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=257260"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/257260\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":257261,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/257260\/revisions\/257261"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/257257"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=257260"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=257260"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=257260"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}