{"id":246984,"date":"2023-11-21T10:37:51","date_gmt":"2023-11-21T09:37:51","guid":{"rendered":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/?p=246984"},"modified":"2023-11-21T10:37:51","modified_gmt":"2023-11-21T09:37:51","slug":"a-xunta-distingue-a-directora-de-cintecx-concepcion-paz-penin-co-premio-maria-josefa-wonenburger-para-mulleres-cientificas","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/a-xunta-distingue-a-directora-de-cintecx-concepcion-paz-penin-co-premio-maria-josefa-wonenburger-para-mulleres-cientificas\/","title":{"rendered":"A Xunta distingue \u00e1 directora de CINTECX, Concepci\u00f3n Paz Pen\u00edn, co premio Mar\u00eda Josefa Wonenburger para mulleres cient\u00edficas"},"content":{"rendered":"<h3>A Unidade Muller e Ciencia da Xunta decidiu outorgar o galard\u00f3n deste ano \u00e1 directora do Centro de Tecnolox\u00eda, Enerx\u00eda e Procesos Industriais da UVigo (CINTECX).<\/h3>\n<p>XUNTA. 20\/11\/2023. A enxe\u00f1eira industrial na rama de mec\u00e1nica de flu\u00eddos, catedr\u00e1tica e doutora pola Universidade de Vigo e directora do Centro de Tecnolox\u00eda, Enerx\u00eda e Procesos Industriais desta mesma universidade (CINTECX), Concepci\u00f3n Paz Pen\u00edn (Ferrol, 1969), ser\u00e1 distinguida este ano co premio Mar\u00eda Josefa Wonenburguer, unha decisi\u00f3n comunicada polo \u00faltimo pleno da Unidade Muller e Ciencia da Xunta, que tivo en conta a s\u00faa especializaci\u00f3n nesta rama da ciencia e o seu elevado \u00edndice de impacto como investigadora, entre outras cuesti\u00f3ns.<\/p>\n<p>Con distintas publicaci\u00f3ns, proxectos e conferencias \u2013ten dirixido sete teses de doutoramento e numeroasas publicaci\u00f3ns en revistas acad\u00e9micas de alto nivel-, Paz Pen\u00edn conseguiu desde 2005 m\u00e1is de 5,5 mill\u00f3ns de euros de ingresos en proxectos nacionais, auton\u00f3micos e colaboraci\u00f3ns con empresas; e m\u00e1is de 8 mill\u00f3ns captados en proxectos como investigadora participante.<\/p>\n<p>O xurado tam\u00e9n tivo en conta para a s\u00faa elecci\u00f3n a s\u00faa traxectoria como directora do CINTECX, que exerce desde o ano 2020, no cal traballan 175 investigadoras e investigadores integradas en 10 grupos de investigaci\u00f3n. Nos tres anos de labor, traballou para posicionar este centro na vangarda da investigaci\u00f3n e desenvolvemento en sectores claves para Galicia como o son as enerx\u00edas renovables, eficiencia enerx\u00e9tica ou intelixencia artificial, entre outros.<\/p>\n<p>Concepci\u00f3n Paz Pen\u00edn recibiu, ademais, o Premio de transferencia de tecnolox\u00eda da Xunta de Galicia en 2017, e \u00e9 unha das mulleres recollidas no libro Quero ser investigadora!, editado pola UVigo no 2020 e dirixido \u00e1 promoci\u00f3n do interese pola carreira cient\u00edfica e investigadora en nenas e mozas.<\/p>\n<p>O premio Mar\u00eda Josefa Wonenburger foi creado pola Xunta para a distinguir \u00e1s mulleres galegas con traxectorias notables nos eidos das ciencias e da tecnolox\u00eda, un compromiso asumido por parte do Goberno galego desde a Conseller\u00eda de Promoci\u00f3n do Emprego e Igualdade. Con este reco\u00f1ecemento, a Xunta quere po\u00f1er en valor a carreira destas referentes, que destacan pola s\u00faa contribuci\u00f3n e convertelas en modelo a seguir polas xeraci\u00f3ns vindeiras.<\/p>\n<p>O Premio Mar\u00eda Josefa Wonenburger Planells out\u00f3rgase anualmente desde o ano 2007 a trav\u00e9s da Unidade de Muller e Ciencia. Leva o nome da investigadora e matem\u00e1tica galega Mar\u00eda Josefa Wonenburger, unha pioneira e referente feminino internacional no \u00e1mbito das ciencias e que foi unha cient\u00edfica adiantada ao seu tempo.<\/p>\n<p>Nos \u00faltimos anos foron merecedoras deste reco\u00f1ecemento mulleres como Amparo Alonso, catedr\u00e1tica de Ciencias da Computaci\u00f3n de intelixencia artificial na Universidade da Coru\u00f1a; Mabel Loza, farmac\u00e9utica referente no descubrimento de medicamentos, Victoria Lareu, catedr\u00e1tica de medicina legal e forense, ou o pasado ano a matem\u00e1tica Mar\u00eda Elena V\u00e1zquez Cend\u00f3n.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A Unidade Muller e Ciencia da Xunta decidiu outorgar o galard\u00f3n deste ano \u00e1 directora do Centro de Tecnolox\u00eda, Enerx\u00eda e Procesos Industriais da UVigo &hellip; <a class=\"excerpt_more\" href=\"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/a-xunta-distingue-a-directora-de-cintecx-concepcion-paz-penin-co-premio-maria-josefa-wonenburger-para-mulleres-cientificas\/\">Continuar<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":10,"featured_media":246980,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"inline_featured_image":false,"footnotes":""},"categories":[92],"tags":[],"class_list":["post-246984","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-duvi"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/246984","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/10"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=246984"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/246984\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":246985,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/246984\/revisions\/246985"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/246980"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=246984"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=246984"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/cintecx.uvigo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=246984"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}