Persoal Técnico de Apoio á Investigación para Grupo LaserOn

Número de prazas: 1
Tipo de contrato: Contrato por obra ou servizo
Xornada: A tempo parcial
Duración: 3 meses prorrogables ata finalización do proxecto
Remuneración: A Convir
Lugar de traballo: Escola de Enxeñería Industrial – Sede Campus

Proxectos de I+D+i no marco do programa estatal de xeración de coñecemento e fortalecemento científico e tecnolóxico do sistema de I+D+i e do programa estatal de I+D+i orientada aos retos da sociedade (PID2020-117900 RB-I00)

Requisitos e perfil do candidato

  • Titulación a nivel de Grao en Enxeñería Mecánica, ou Enxeñería Técnica Industrial especialidade mecánica.
  • Experiencia demostrable no deseño, construción e posta a punto de sistemas mecánicos, optomecánicos e eléctricos para investigación no campo do procesamento de materiais con láser.

Selección

  • A Comisión que valorará os méritos presentados polos aspirantes, estará composta por PDIs do grupo de investigación FA5 da Universidade de Vigo.

Documentación

  • Curriculum vitae completo en PDF

Lugar de presentación

  • A documentación deberase enviar ao enderezo de correo electrónico laseron@uvigo.es

Data límite de recepción de candidaturas: A data límite para o envío das solicitudes é o 03 de agosto de 2021 antes das 14:00 horas.