Oferta contrato predoutoral no grupo GTE

Número de prazas: 1
Tipo de contrato: Contrato por obra ou servizo
Xornada: Completa (40 horas semanais)
Duración 6 meses iniciais con posibilidade de prórroga
Data prevista de inicio 01/01/2022
Remuneración: 1375 €
Lugar de traballo: Cintecx

Proxecto “Tecnoloxía de inxección de ozono para purificación de gases de escape. O3-INTERGAP. Proxectos Proba de Concepto 2021”.

Requisitos e perfil do candidato

  • Título de mestrado ou equivalente nunha enxeñería do ámbito industrial, enxenería aeroespacial, enerxía e minas ou física.
  • Experiencia en investigación experimental, manexo de Simulink e Matlab.

Funcións do posto

  • Participar na realización de experimentos en banco de ozono, elaboración de adecuados deseños de experimentos, tarefas asociadas á análise de datos, obtención de correlacións empíricas- Manexo de equipamento científico sensible, e implementar e persoalizar sistemas e equipo de adquisición de datos.

Documentación a presentar

  • Curriculum vitae.

Lugar de presentación da documentación

  • A documentación deberase enviar ao enderezo de correo electrónico cintecx@uvigo.es, indicando a referencia do posto no asunto da mensaxe.

Comité de selección

  • Unha Comisión formada por tres membros do grupo de investigación será a encargada do proceso selectivo (María Concepción Paz, José Luis Miguez Tabarés e Eduardo Suarez Porto).
  • A comisión poderá convocar aos candidatos con máxima valoración profesional e de formación para realizar unha entrevista presencial ou por medios telemáticos.
  • O comité configurará unha lista de agarda coas persoas que superen a puntuación que se fixe como mínima para seren consideradas aptas. No caso de que considere que ningunha persoa candidata cumpre os requisitos mínimos esixidos, a praza poderá declararse deserta.

Data límite de recepción de candidaturas: 10 de decembro de 2021 ás 21:00 horas.