Oferta Contrato predoutoral Netehev

Número de prazas: 1
Tipo de contrato: Contrato por obra ou servizo
Xornada: Completa (40 horas á semana)
Data prevista de comezo do contrato: Maio 2022
Duración: 2 meses, con posibilidade de prórroga segundo valía
Retribución bruta mensual: 1500 €
Lugar de traballo: Cintecx

Funcións do posto de traballo

A persoa candidata incorporarase ao CINTECX dentro do Grupo de Tecnoloxía Enerxética e participará en tarefas experimentais no marco do proxecto RTC2019-006955-4 con título “Desarrollo de nuevas tecnologías de calentadores de líquido de alto voltaje (HVCH) para abordar los futuros retos de la gestión térmica en vehículos electrificados – NETEHEV”.

Requisitos

  • Título de grao, mestrado ou equivalente nunha enxeñería do ámbito industrial, enxeñería aeroespacial, enerxía e minas ou física.

A comisión poderá convocar aos candidatos con máxima valoración profesional e de formación para realizar unha entrevista presencial ou por medios telemáticos.

Comité de avaliación

  • María Concepción Paz Penín
  • José Luis Míguez Tabarés
  • Eduardo Suárez Porto

O comité configurará unha lista de agarda coas persoas que superen a puntuación que se fixe como mínima para seren consideradas aptas. No caso de que considere que ningunha persoa candidata cumpre os requisitos mínimos esixidos, a praza poderá declararse deserta.

Documentación

As persoas interesadas deberán enviar o seu CV ao enderezo cintecx@uvigo.es, indicando a referencia do posto no asunto da mensaxe.

Data límite de recepción de candidaturas: A data límite para o envío das solicitudes é o 26 de abril de 2022 ás 21:00 horas.