| Convocatoria: | https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/1916 |
| Número de prazas: | 1 |
| Tipo de contrato: | Contratos para a realización de proxectos e para a execución de plans (art 32bis Lei da Ciencia). Duración indefinida. |
| Xornada: | Tempo completo (37,5 horas/semana) . |
| Data probable de inicio: | 01/11/2026. |
| Duración do contrato: | Indefinido. |
| Salario bruto mensual | 1.545,00 € (incluído o prorrateo das pagas extraordinarias). |
| Lugar de traballo: | Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo./td> |
| Categoría laboral: | Persoal técnico medio de apoio á investigación. |
Contratos para a realización de proxectos e para a execución de plans (art 32bis Lei da Ciencia). Duración indefinida
Traballo a realizar:
Verificar a viabilidade de integrar o hidróxeno na rede.
Requisitos
- Grao en enxeñaría en tecnoloxías industriais, grao en enxeñaría mecánica, grado en ingeniería
electrónica industrial e automática ou grado en enxeñaría biomédica.
Méritos a valorar
- Formación académica. Experiencia profesional en universidades, organismos públicos ou empresas e coñecementos de linguas estranxeiras (30 puntos).
- Experiencia Profesional: Traballo desenvolvido relacionado coas funcións a desempeñar, especialmente en redes enerxéticas (30 puntos).
- Formación específica relacionada co posto e cos traballos a realizar e outra formación complementaria (30 puntos).
- Entrevista. A entrevista realizarase a todos os candidatos/as que na suma dos méritos acaden un mínimo de 50 puntos (10 puntos).
Comité avaliador
- Presidente: Concepción Paz Penín.
- Secretario: Eduardo Suárez Porto.
- Vogal: Marcos Conde Fontenla.
Documentación
- Solicitude
- Currículum vitae
- Declaración responsable (anexo I da convocatoria) de cumprimento dos requisitos establecidos nas bases da presente convocatoria e da veracidade dos datos achegados no currículum vítae.
A presentación de solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través da sede electrónica da Universidade de Vigo
Data límite de recepción de candidaturas: A data límite para o envío das solicitudes é o 22 de setembro de 2026.
