Formación práctica do discurso oral en foros científicos

CINTECX organiza o curso de formación «Práctica do Discurso oral en foros científicos» dirixido a todo o persoal investigador do Centro que desexen mellorar a súa competencia comunicativa en foros científicos internacionais. Durante as sesións abordaranse aspectos prácticos relacionados fundamentalmente coas técnicas dunha boa presentación en inglés en congresos, conferencias, etc. e coas habilidades comunicativas necesarias para participar nun debate científico.

Aquelas persoas que acrediten posuír un certificado de competencias no idioma cunha antigüidade non superior a 2 anos estarán exentos de realizar a proba de nivel previa ao comezo do curso.

GRUPO 1: martes e xoves de 16 a 17.30;

Días de clase: 9, 11, 16, 18, 23, 25 e 30 de novembro

Modalidade: presencial

Duración: 10,5 horas