Cargando eventos

« Todos os eventos

Este evento pasou.

Entrega da Medalla Isidro Parga Pondal ao investigador Leandro Rafael Alejano Monge

Outubro 8 @ 12:00 - Outubro 10 @ 14:00

O investigador de CINTECX e catedrático da Universidade de Vigo Leandro Alejano Monge recibirá a Medalla Isidro Parga Pondal de Ciencias Técnicas da Real Academia Galega de Ciencias (RAGC), nun acto que se celebrará con motivo do Día da Ciencia en Galicia.

A entrega terá lugar o 8 de outubro de 2026, ás 12:00 horas, no Salón Nobre do Colexio de Fonseca, en Santiago de Compostela. Durante o acto tamén se renderá homenaxe á Científica Galega do Ano 2026, Aida Fernández Ríos, e entregaranse as restantes Medallas de Investigación da RAGC.

A RAGC recoñece con esta distinción a traxectoria de Leandro Alejano no ámbito da enxeñaría mineira e da mecánica de rochas, así como as súas contribucións á seguridade na enxeñaría mineira e civil e á eficiencia e sustentabilidade da industria extractiva. O investigador pertence ao grupo GESSMin, Xestión Segura e Sostible de Recursos Minerais, de CINTECX.

📅 Data

8 de outubro de 2026

🕐 Hora

12:00 horas

📍 Lugar

Salón Noble do Colexio de Fonseca, Santiago de Compostela

Detalles

  • Comezo: Outubro 8 @ 12:00
  • Remate: Outubro 10 @ 14:00
  • Categoría do Evento:

Recinto

  • Salón Noble Colegio Fonseca, Santiago de Compostela